O Concello da Pobra do Brollón ofrece actividades de conciliación familiar para as crianzas da Pobra do Brollón durante o curso escolar 2024-25.
O servizo ofrécese de luns a venres, en horario á saída do colexio de 15:45 a 17:45 horas. As actividades son lúdicas e socioeducativas, incluíndo dous días de actividades deportivas.
O servizo é gratuíto. Teñen prioridade as nenas e nenos empadroadas/os na Pobra do Brollón.
Para máis información e inscricións, as familias interesandas poden contactar coas oficinas de Servizos Sociais en horario de 9 a 13:00 h, na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, 1º andar ou no teléfono 982 430 447.






