982 430 001

Atención cidadá

Abre o prazo de inscrición no Campamento de Nadal

O Campamento de Nadal ofrécese do 22 de decembro 2026 ao 7 de xaneiro 2027 para facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares. O Campamento ofrece ás crianzas de 3 a 16 anos un espazo de lecer educativo, creativo e inclusivo en horario de 8:00 a 15:00 horas. Realizaranse obradoiros de Nadal, manualidades, xogos […]

Abertas as inscricións nas Tardes de Ludoteca

En outubro comezan as Tardes de Ludoteca, unha iniciativa da oficina de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Brollón para facilitar ás familias a conciliación laboal e familiar nas horas posteriores á saída do colexio.   As Tardes de Ludoteca terán lugar nas aulas da Escola de Música municipal, en horario de 15:45 a 17:15.    […]

Información das actividades de conciliación familiar durante o curso escolar

O Concello da Pobra do Brollón ofrece actividades de conciliación familiar para as crianzas da Pobra do Brollón durante o curso escolar 2024-25. O servizo ofrécese de luns a venres, en horario á saída do colexio de 15:45 a 17:45 horas. As actividades son lúdicas e socioeducativas, incluíndo dous días de actividades deportivas. O servizo […]

O programa de conciliación para o curso escolar 2024-25 comeza o 11 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón retoma a partir do mércores 11 de setembro o programa de conciliación laboral e familiar para o curso escolar 2024-25. É un servizo totalmente gratuíto para axudar ás familias do noso concello salvar as incompatibilidades que se presentan en moitas ocasións no desenvolvemento da vida familiar e laboral. Este programa contempla […]

A Guimaralia máis corresponsable, tamén no verán

O programa de conciliación A Guimaralia máis Corresponsable, continúa ao longo do verán. Dende o 24 de xuño ata o 6 de setembro, ofrécense actividades lúdicas e socioeducativas para nenas e nenos entre 3 e 16 anos: xogos e dinámicas de equipo, arte e manualidades, deporte, animación á lectura e apoio socioeducativo.  O horario das actividades será […]

Comezan as primeiras actividades do programa ‘A Guimaralia máis Corresponsable’

Arranca o programa do Plan Corresponsables na Pobra do Brollón: ‘A Guimaralia máis Corresponsable’, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.  Haberá unha ampla oferta de actividades dirixidas a nenas e nenos ata 16 anos co fin de facilitar a conciliación familiar, coa igualdade e a corresponsabilidade entre homes e […]

Merendas Teatrais os sábados 14 e 28 de outubro

Os sábados 14 e 28 de outubro, dende o obradoiro de teatro con Merche Pérez, convidan a participar nunhas Merendas Teatrais. Serán de 16:00 a 18:00 no anfiteatro da área recreativa Samugueiros, ou en caso de chuvia, no pavillón municipal da Pobra do Brollón. Unha iniciativa aberta para que familias, amizades e veciñanza poidan gozar do […]

Retómase o servizo de conciliación familiar durante o curso escolar

O Concello da Pobra do Brollón retoma o programa de conciliación laboral e familiar para o vindeiro curso escolar. Trátase dun servizo totalmente gratuíto para facilitar as familias do noso concello salvar as incompatibilidades que se presentan en moitas ocasións no desenvolvemento da vida familiar e laboral.  Este programa permite que os nenos e nenas estean […]

Un novo programa gratuíto facilita a conciliación laboral e familiar

O Concello da Pobra do Brollón pon en marcha un programa para axudar a salvar as incompatibilidades que se presentan en moitas ocasións no desenvolvemento da vida familiar e laboral. O programa é totalmente gratuíto e está aberto a tódolos nenos e nenas que asistan ao CEIP A Pobra do Brollón. O programa, totalmente gratuíto, […]