982 430 001

Atención cidadá

Abre o prazo de inscrición no Campamento de Nadal

O Campamento de Nadal ofrécese do 22 de decembro 2026 ao 7 de xaneiro 2027 para facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares. O Campamento ofrece ás crianzas de 3 a 16 anos un espazo de lecer educativo, creativo e inclusivo en horario de 8:00 a 15:00 horas. Realizaranse obradoiros de Nadal, manualidades, xogos […]

A XVI Xuntanza de veciñas e veciños será o domingo 22 de novembro

A XVI Xuntanza de Veciñas e Veciños da Pobra do Brollón terá lugar o vindeiro domingo 22 de novembro.  Con esta xuntanza propoñemos pasar un día de lecer e convivencia en compañía dos nosos veciños e veciñas. Será unha xornada completa na que celebraremos un xantar popular, amenizado con música e sorteos de agasallos. A xuntanza […]

Xornada para coñecer o mundo dos cogomelos na Pobra do Brollón

O domingo 15 de novembro, o Concello organiza unha xornada para explorar o mundo da micoloxía dende A Pobra do Brollón, guiados por Carlos Pérez. Haberá unha primeira parte teórica na Casa da Cultura de 10:00 a 11:30, seguida dunha saída ao monte ata as 14:00 horas. Trátase dunha actividade apta para todos os públicos. […]

Actividades deportivas ‘Móvete na Guimaralia’: Horarios actualizados

Tras os cambios nalgúns grupos de ximnasia e pilates, o curso de actividades deportivas para adultos do Concello da Pobra do Brollón queda cos seguintes horarios: Ioga: Martes e xoves ás 11:15  Aerobic: Mércores ás 11:15 Pilates: Martes ás 20:00 e venres ás 18:00 Ximnasia: A Pobra: Martes e venres ás 19:00 Castroncelos: Martes e […]

Comezan os Talleres de memoria para o envellecemento activo

Hoxe comeza o Taller de Memoria na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, froito da colaboración entre o Concello da Pobra do Brollón e Afamon (Asociación familiares enfermos alzhéimer Monforte). A actividade está dirixida a persoas maiores de 50 anos, co obxectivo de fomentar o envellecemento activo ofrecendo novos ámbitos para a aprendizaxe e a socialización. […]

Normas de uso do Punto Limpo da Pobra do Brollón

Soamente se admiten residuos xerados por particulares cuxa vivenda teña ao día o pagamento do correspondente recibo de lixo. Prohíbese a entrada de residuos de orixe industrial. Os residuos débense depositar no horario de apertura do Punto Limpo: os mércores de 9:00 a 13:00 horas. Está prohibido, baixo risco de sanción, deixar residuos na entrada […]

Abre o período de inscrición no novo curso de actividades deportivas para adultos

O día 1 de outubro comeza ‘Móvete na Guimaralia!’, o novo curso de actividades deportivas para adultos do Concello da Pobra do Brollón. O prazo de inscrición nas actividades –ximnasia, pilates, ioga e aerobic– estará aberto ata o 29 de setembro. Debe realizarse nas oficinas de Servizos Sociais, en horario de 9:30 a 14:00 (Casa da […]