Mercedes Martínez, veciña de Pinel, presenta a súa novela ‘¡Socorro! Un ángel me ha secuestrado’

Mercedes Martínez, Merchiña, veciña de Pinel, presenta este venres 13 de novemebro na Pobra do Brollón a súa novela ‘¡Socorro! Un Angel me ha secuestrado’. A presentación será ás 20:00 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. Trátase dun libro ‘para aprender Historia de xeito divertido’. Un estudante da E.S.O. é secuestrado por un anxo […]
Convocatoria de grupos para os XIV Cantos de Taberna

O sábado 5 de decembro, celebramos a 14ª edición dos Cantos de Taberna da Pobra do Brollón. Os grupos interesados en participar, contacten preferiblemente por WhatsApp no teléfono 650 624 828 antes do 16 de novembro. Consulte aquí as bases para participar.
O cuarteto vocal Son de Corda ofrecerá un concerto/recital o domingo 8 de novembro

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cun concerto/recital no que escoitaremos os versos de poetas contemporáneas vinculadas á montaña lucense, entre elas, a nosa benquerida Olga Novo. Será o domingo 8 de novembro ás 19:00 horas, na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, A Pobra do Brollón. O cuarteto está integrado […]
Un achegamento ao cancioneiro tradicional galego para celebrar o Día da Biblioteca

Este sábado 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca na Pobra do Brollón coa actividade Bibliocanta. Trátase dnha proposta para todos os públicos a partir de 3 anos na que nos achegaremos ao cancioneiro tradicional mediante a música e de xeito participativo. Será o sábado ás 19:00 horas na Casa da Cultura […]
Descuberta a placa da aula Ricardo Rodicio na Escola municipal de Música Samoeiro

O pasado luns 19 de outubro, tivo lugar o acto no que se colocou a placa que bautiza co nome de Ricardo Rodicio unha das aulas da Escola municipal de Música da Pobra do Brollón. Ricardo foi concelleiro de Cultura e tenente de alcalde da Pobra do Brollón dende 2011 ata 2025, ano no […]
Volve o Club de Lectura da Biblioteca ‘Antonio Reboiro’

Volve o Club de Lectura da Biblioteca municipal ‘Antonio Reboiro’. Neste novo curso, as lecturas achegarán clásicos da literatura universal aos e ás participantes. O Club xuntarase os martes ás 19:00, comezando no mes de outubro. No primeiro trimestre, o moderador Sergio Rodríguez propón unha viaxe pola cultura de Estados Unidos a través de relatos […]
Antom G. Rodrigues presenta este venres un libro de ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

Antom Garcia Rodrigues presentará este venres 25 na Pobra do Brollón Espaços afetivos da Galiza na Lisboa atual, editado por Laiovento. Na presentación estará acompañado pola poeta local Noa Moreira. A presentación será ás 20:30 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. A través de fontes históricas e literarias, o libro indaga na pegada de […]
Abre o prazo de matrícula no curso 2026-27 da Escola de Música Samoeiro

Abre o prazo de matrícula para o curso 2026-27 da Escola de Música municipal Samoeiro da Pobra do Brollón. A matrícula pode realizarse do 16 ao 29 de setembro a través da Sede Electrónica ou presencialmente na Biblioteca municipal, de luns a venres en horario de mañá (de 10:30 a 13:00 h). A Biblioteca está no segundo […]
Presentado o cartel da duodécima edición de As Cores do Outono

O venres 11 e sábado 12 de setembro chega unha nova edición do festival de música folk de referencia no sur de Lugo, As Cores do Outono, organizado polo Concello da Pobra do Brollón co apoio da área de cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Este mediodía o alcalde Xosé Lois Maceda e os […]
A programación estival arranca este venres cunha foliada nas adegas de Vilachá

Esta semana tamén se proxecta Sirât, a multipremiada película de Óliver Laxe, hoxe mércores 29 dentro do Ciclo Mestre Mateo Unha foliada en Vilachá de Salvadur, animada pola agrupación tradicional Os Ministreles, será o primeiro gran fito da axenda cultural de verán na Pobra do Brollón. Terá lugar este venres 31 de xullo a partir […]
