O Ciclo Mestre Mateo volve traer á Pobra do Brollón o mellor cine galego actual. Os mércores e venres de outubro a decemebro, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ acollerá 10 proxeccións para todos os gustos e públicos.
Outubro
- Venres 11. Fatum
- Mércores 16. A viaxe de Lucy
- Venres 25. O corno
- Mércores 30. Chichi e máis eu
Novembro
- Venres 8. Matria
- Mércores 13. Sesión de curtas I
- Venres 22. Os espazos en branco
- Mércores 27. Sesión de curtas II
Decembro
- Venres 13. A nave das Marías
- Venres 20. Salta!
O Ciclo Mestre Mateo é impulsado pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello da Pobra do Brollón.






