982 430 001

Atención cidadá

Xurxo Souto e Lagháchema na Foliada Guímara do sábado 26 en Piño

As Foliadas Guímaras son unha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón en colaboración coas asociacións veciñais das parroquias co obxectivo de descentralizar a programación cultural e fomentar a tradición musical do municipio. Este sábado 26 celébrase unha nova edición, desta volta no local social da parroquia de Piño. Haberá grandes convidados, comezando ás 20:00 […]

Yolanda Castaño ofrecerá un recital poético este sábado

Este sábado ás 18:30, Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, ofrecerá un recital na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón. Trátase dunha proposta novidosa ao apoiarse nas novas tecnoloxías, o son e a linguaxe audiovisual, que pretende conectar con todo tipo de públicos, máis ou menos versados no xénero poético. O […]

Volve o Ciclo Mestre Mateo á Pobra do Brollón

O Ciclo Mestre Mateo volve traer á Pobra do Brollón o mellor cine galego actual. Os mércores e venres de outubro a decemebro, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ acollerá 10 proxeccións para todos os gustos e públicos. Outubro Venres 11. Fatum Mércores 16. A viaxe de Lucy Venres 25. O corno Mércores 30. Chichi […]

Curso 2024-25 na Escola municipal de Música ‘Samoeiro’: Horarios e matrícula

Hoxe luns 23 de setembro comezan as clases do novo curso da Escola municipal de Música ‘Samoeiro’, situada na Avenida de Outeiro, A Pobra do Brollón. Os horarios do curso 2024-25 por materia son os seguintes: Pandeireta e canto con Iago Domínguez: Luns de 20:00 a 21:00 h Baile tradicional con Iago Domínguez: Luns de […]

O festival As Cores do Outono celebra a súa décima edición o 27 e 28 de setembro

Será toda unha homenaxe á historia recente da música galega A programación comeza venres cunha conversa-concerto con membros de Fuxan os Ventos O espectáculo ‘Ingrávida’ de Mercedes Peón encabeza o cartel do sábado, xunto con Maricarme e Xisco Feijoó O festival de música galega de raíz As Cores do Outono, unha iniciativa do Concello da […]

A Escola de Música ‘Samoeiro’ abre o prazo de matrícula para o curso 2024-25

Dende o 30 de agosto ata o 10 de setembro, estará aberto o prazo de matrícula para o novo curso 2024-25 da Escola de Música municipal da Pobra do Brollón. A matrícula pode realizarse a través da Sede Electrónica ou presencialmente na Biblioteca municipal, de luns a venres en horario de mañá (de 10:30 a 13:00 h). […]

Volve o festival Brindadeira a Ferreiros o 20 e 21 de xullo

Volve a improvisación oral a Ferreiros en forma de brindo, regueifa e freestyle. O II festival Brindadeira arranca o sábado 20 de xullo no local social de Ferreiros coa charla ‘Brindando na Guimaralia’, na que se dará conta dos resultados dos obradoiros de brindo organizados polo Concello da Pobra do Brollón ao longo de 2023. […]

O sábado 6 de xullo celébrase a IX Feira Guímara

O sábado 6 de xullo celébrase a novena edición da Feira Guímara, o evento que conmemora a revolta do pobo da Pobra do Brollón contra o Conde de Lemos. Consulta abaixo os carteis coa programación, e información da comida e os postos de artesanía.  

Escapada á Guimaralia en colaboración co Albergue da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón colabora co Albergue municipal cunha proposta dunha fin de semana completa para coñecer toda a riqueza cultural, patrimonial e paisaxística do noso municipio. Será dende a tarde do sábado 8 ata a tarde do domingo 9 de xuño. O prezo son 65€ por persoa que inclúe todas as actividades, a […]

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Comeza unha fin de semana na Pobra do Brollón cunha intensa actividade cultural e festiva. A programación arranca este venres 26 cunha ‘foliada guímara’ na parroquia de Eixón.  Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, será unha foliada con temática literaria na que se anima aos asistentes a levar algún libro de segunda man para […]