Hoxe luns 23 de setembro comezan as clases do novo curso da Escola municipal de Música ‘Samoeiro’, situada na Avenida de Outeiro, A Pobra do Brollón.
Os horarios do curso 2024-25 por materia son os seguintes:
- Pandeireta e canto con Iago Domínguez: Luns de 20:00 a 21:00 h
- Baile tradicional con Iago Domínguez: Luns de 21: 00 a 21:00 h
- Percusión con Lois Prado:
- Peques: Xoves de 16:00 a 17:00 h
- Adolescentes: Xoves de 17:00 a 18:00 h
- Adultos: Xoves de 19:00 a 20:00 h
- Gaita con Lois Prado:
- Adolescentes: Xoves de 18:00 a 19:00 h
- Adultos 1: Xoves de 20:00 a 21:00 h
- Adultos 2: Xoves de 21:00 a 22:00 h
- Coral con Alfonso Campos: Mércores e Sábados de 18:00 a 20:00 h
Aínda quedan prazas en todas as materias. As persoas interesadas en matricularse poden facelo a través da Sede Electrónica ou presencialmente na Biblioteca municipal, de luns a venres de 10:30 a 13:00 h e de 15:30 a 18:30 horas. A Biblioteca está no segundo andar da Casa da Cultura ‘Olga Novo’ (Tlf. 982 430 546).
A matrícula nunha materia terá un importe de 110€ para o curso completo. Cada materia adicional terá un importe de 60€. O pago será anual con posibilidade de fraccionar o pago.





