982 430 001

Atención cidadá

Sobes ao autobús do teatro?

A veciñanza da Pobra do Brollón poderá desfrutar de transporte gratuíto para ver a obra teatral A burra, a mesa e o pau, o vindeiro 7 de marzo no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A obra trátase da primeira produción propia do Centro Dramático Galego da tempada 2024-25, dirixida por Lorena Conde e cun elenco […]

Entroido 2025: Desfile

O sábado 1 de marzo acontecerá o Desfile de Entroido 2025, coa animación musical da Charanga Terras do Bibei. O desfile sairá ás 17:00 horas dende o cruce da estrada de Saa coa Avenida de Galicia, percorrendo as rúas da Pobra do Brollón e finalizando na área recreativa de Samugueiros. Como todos os anos, o […]

Entroido 2025: Compadres e Comadres

Para celebrar os días de Compadres e Comadres de Entroido, o Concello da Pobra do Brollón organiza un concurso destas figuras, así como uns obradoiros infantís para a súa elaboración. Os propios días de Compadres e Comadres, os xoves 20 e 27 de febreiro, o Concello convoca un concurso para premiar as mellores figuras, segundo […]

Concurso de carteis da XXXII Feira do Viño de Vilachá: Información e bases

Consulta as bases do concurso neste enlace. O Concello da Pobra do Brollón convoca o 1º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá. O obxectivo é seleccionar o cartel oficial que anuncie a edición XXXII da Feira, que se celebrará a primeira fin de semana de maio. O premio pretende estimular a creatividade […]

Aberto o prazo para participar no Certame de Poesía Infantil ‘Nadal 2024’

A Biblioteca Pública municipal ‘Antonio Reboiro’ convoca o Certame de Poesía Infantil ‘Nadal 2024’. Pode participar calquera nena ou neno, rapaza ou rapaz ata os 16 anos, habendo tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos. Os poemas deben estar escritos en galego e ocupar como máximo […]