982 430 001

Atención cidadá

A XXXI Feira do Viño de Vilachá celebrarase a primeira fin de semana de maio

A Feira celebrarase tres días seguidos, dende o venres 3 ata domingo 5 Entre a programación, unha cata musicada e outra das IXP de Galicia A Feira do Viño de Vilachá celebra a súa edición número 31 a primeira fin de semana de maio no conxunto de adegas medievais da Abelaira, parroquia de Vilachá de […]

Música e toponimia esta Semana Santa en colaboración coa Asociación veciñal de Saa

ACTUALIZACIÓN 28/3/2024 O ‘safari de toponimia’ programado para o domingo queda posposto por meteoroloxía. A programación do sábado mantense. O Concello da Pobra do Brollón en colaboración coa Asociación veciñal de Saa organiza unha programación cultural para o sábado e domingo de Semana Santa. O sábado 30, haberá presentación do libro A música dos Valladares. Retratos de […]

Obradoiro Entroideirx: Información

Dentro da programación de Entroido do Concello da Pobra do Brollón, inclúese o Obradoiro Entroideirx, dirixido a nenas e nenos a partir de 6 anos. Será o domingo 4 de febreiro ás 17:00 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, cunha duración aproximada de 2 horas e media. Neste taller artístico, debullaremos xogando, construíndo e divertíndonos […]

Concurso de Compadres e Comadres 2024: Bases

O Concello da Pobra do Brollón convoca o VII Concurso de Compadres e Comadres, os xoves 1 e 8 de febreiro. Hai tres categorías: individual nenxs, individual adultos e colectivos. Para participar hai que anotarse antes do día 31 de xaneiro (compadres) e 7 de febreiro (comadres) na Biblioteca municipal (Casa da Cultura ‘Olga Novo’ – […]

Desfile de Entroido 2024: Bases

Detallamos a continuación as bases do Desfile de Entroido da Pobra do Brollón 2024. Están dispoñibles para descargar en PDF aquí. Data: Sábado 10 de febreiro Hora e lugar: Saída ás 17:00 h dende o cruce da estrada de Saa, A Pobra do Brollón. Remate na Área Recreativa (en caso de mal tempo, na Casa […]

A programación do Entroido arranca o 1 de febreiro

O 1 de febreiro comeza a programación do Entroido 2024 na Pobra do Brollón e Salcedo. Aquí o programa ao completo.  Sábado 10 febreiro. DESFILE DE DISFRACES, CARROZAS E COMPARSAS. Saída ás 17:00 do cruce da estrada de Saa Domingo 4 febreiro. OBRADOIRO ENTROIDEIRX 17:00. Taller artístico para nenas e nenos a partir de 6 anos. […]

Nadal na Guimaralia 2023

Música, teatro, circo, e moito máis! Aquí a programación ao completo para este Nadal 2023 na Pobra do Brollón. 20 de decembro. Casa da Cultura ‘Olga Novo’. 19:00h. ‘A mentireira historia da carapucha verdadeira’. Mostra do proceso de creación a cargo do grupo de teatro infantil ‘Mundo rural mundo cultural’.  21 de decembro. Colexio, Centro de […]

Aberto o prazo para participar no Certame de Poesía Infantil Nadal 2023

A Biblioteca Pública municipal ‘Antonio Reboiro’ convoca o Certame de Poesía Infantil ‘Nadal 2023’.  Pode participar calquera nena ou neno, rapaza ou rapaz ata os 16 anos. O prazo de presentación remata o 22 de decembro, debendo ser entregados os poemas na Biblioteca municipal da Pobra do Brollón (Casa da Cultura ‘Olga Novo’, 2º andar). Os […]

A 11ª edición dos Cantos de Taberna celébrase o sábado 9 de decembro

O sábado 9 de decembro celebramos os XI Cantos de Taberna da Pobra do Brollón. Participan catorce grupos que circularán por seis bares do municipio entre as 18:00 e as 23:00, rematando con foliada expansiva polos bares. Os bares que participan son Avenida, Bar Pirata, Primeiro de Maio e A Vella Taberna na capitalidade da Pobra […]