982 430 001

Atención cidadá

Os entrenos do equipo de fútbol sala Guimariños comezarán despois de Semana Santa

Dende a área de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Brollón lánzase unha convocatoria para a cativada interesada en formar parte do equipo de fútbol sala Guimariñ@s. Os entrenos comezarán despois de Semana Santa. Os horarios e grupos estableceranse en función das e dos participantes. Para máis información poden contactar nas oficinas de Servizos […]

Campamento de conciliación Semana Santa 2025

O Concello da Pobra do Brollón ofrece esta Semana Santa un campamento infantil para facilitar a conciliación laboral e familiar. O campamento terá lugar na Biblioteca municipal ‘Antonio Reboiro’ do luns 14 ao venres 18 de abril 2025, en horario de 8:00 a 13:30 horas. Poden participar nenas e nenos a partir de 4 anos. […]

Abre o prazo para anotarse á excursión termal do 9 de abril

O Concello da Pobra do Brollón organiza unha excursión para realizar o circuíto termal do Hotel Balneario Iberik Augas Santas, en Pantón. Será o mércores 9 de abril, con saída en bus ás 10:30 dende diante do antigo cuartel da Garda Civil na Pobra do Brollón. O prezo por persoa é 21€, que dá acceso […]

Novo horario do Xulgado de Paz

O novo horario de atención ao público do Xulgado de Paz na Pobra do Brollón é os martes, mércores e xoves de 8:15 a 9:15 horas. Atende na planta baixa da Casa do Concello. O teléfono de contacto é o (+34) 982430001. Entre outras funcións, o Xulgado de Paz atende trámites do Rexistro Civil, para […]

Manifesto polo Día Internacional da Muller

Con motivo do Día Internacional da Muller, este venres ao mediodía concentrámonos diante da Casa do Concello da Pobra do Brollón para a lectura do manifesto na voz da concelleira de Igualdade, Noelia Besteiro: Estou segura de que a veciñanza da Pobra do Brollón camiñamos da man na procura dunhas vidas seguras, dunhas vidas sen […]

A Pobra do Brollón conmemora o Día da Muller con varias actividades o venres 7 de marzo

O Concello da Pobra do Brollón conmemora o Día Internacional da Muller con varias actividades programadas para este venres 7 de marzo. Primeiro terá lugar a concentración e lectura do manifesto diante da Casa do Concello ás 12:00 do mediodía. Despois, ás 13 horas, terá lugar o obradoiro ‘Conectando coa igualdade’, unha actividade dirixida á […]

Entroido 2025: Programa

Dende este 27 de febreiro, xoves de comadres, ata o martes 4 de febreiro, celebramos o Entroido na Pobra do Brollón e, especialmente, na parroquia Salcedo. Detallamos aquí a programación. O sábado 1 de marzo, o Concello da Pobra do Brollón organiza o desfile de Entroido. Comparsas, carrozas e disfraces percorrerán as rúas da capital […]