Os entrenos do equipo de fútbol sala Guimariños comezarán despois de Semana Santa

Dende a área de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Brollón lánzase unha convocatoria para a cativada interesada en formar parte do equipo de fútbol sala Guimariñ@s. Os entrenos comezarán despois de Semana Santa. Os horarios e grupos estableceranse en función das e dos participantes. Para máis información poden contactar nas oficinas de Servizos […]
Campamento de conciliación Semana Santa 2025

O Concello da Pobra do Brollón ofrece esta Semana Santa un campamento infantil para facilitar a conciliación laboral e familiar. O campamento terá lugar na Biblioteca municipal ‘Antonio Reboiro’ do luns 14 ao venres 18 de abril 2025, en horario de 8:00 a 13:30 horas. Poden participar nenas e nenos a partir de 4 anos. […]
Abre o prazo para anotarse á excursión termal do 9 de abril

O Concello da Pobra do Brollón organiza unha excursión para realizar o circuíto termal do Hotel Balneario Iberik Augas Santas, en Pantón. Será o mércores 9 de abril, con saída en bus ás 10:30 dende diante do antigo cuartel da Garda Civil na Pobra do Brollón. O prezo por persoa é 21€, que dá acceso […]
Novo horario do Xulgado de Paz

O novo horario de atención ao público do Xulgado de Paz na Pobra do Brollón é os martes, mércores e xoves de 8:15 a 9:15 horas. Atende na planta baixa da Casa do Concello. O teléfono de contacto é o (+34) 982430001. Entre outras funcións, o Xulgado de Paz atende trámites do Rexistro Civil, para […]
Manifesto polo Día Internacional da Muller

Con motivo do Día Internacional da Muller, este venres ao mediodía concentrámonos diante da Casa do Concello da Pobra do Brollón para a lectura do manifesto na voz da concelleira de Igualdade, Noelia Besteiro: Estou segura de que a veciñanza da Pobra do Brollón camiñamos da man na procura dunhas vidas seguras, dunhas vidas sen […]
A UNIDADE MÓBIL PARA A ITV DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ESTARÁ NA POBRA O 24 e 25 DE ABRIL

Os días 24 e 25 de abril desprazarase á Pobra do Brollón a Unidade Móbil da ITV para realizar a inspección técnica de vehículos agrícolas. A Unidade Móbil estará situada na pista que vai ao campo de fútbol no seguinte horario: o xoves 24 de 09:00 h a 13:30 h e de 15:15 a 18:00 h, e […]
A Pobra do Brollón conmemora o Día da Muller con varias actividades o venres 7 de marzo

O Concello da Pobra do Brollón conmemora o Día Internacional da Muller con varias actividades programadas para este venres 7 de marzo. Primeiro terá lugar a concentración e lectura do manifesto diante da Casa do Concello ás 12:00 do mediodía. Despois, ás 13 horas, terá lugar o obradoiro ‘Conectando coa igualdade’, unha actividade dirixida á […]
A carreira ciclista O Gran Camiño ocasionará restricións de tráfico e de estacionamento entre venres e sábado

A Pobra do Brollón será punto de saída da cuarta etapa de O Gran Camiño este sábado 1 de marzo. Para unha correcta organización da proba, haberá unha serie de cortes de tráfico e restricións ao estacionamento entre o venres e o sábado. As restricións de estacionamento comezarán este venres 28 ás 17:00 horas e […]
Entroido 2025: Programa

Dende este 27 de febreiro, xoves de comadres, ata o martes 4 de febreiro, celebramos o Entroido na Pobra do Brollón e, especialmente, na parroquia Salcedo. Detallamos aquí a programación. O sábado 1 de marzo, o Concello da Pobra do Brollón organiza o desfile de Entroido. Comparsas, carrozas e disfraces percorrerán as rúas da capital […]
Aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar na adxudicación de tres vivendas sociais

Está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso de adxudicación das tres vivendas sociais de titularidade municipal que quedaron dispoñibles na anterior convocatoria de 2024. As vivendas están situadas no edificio das antigas vivendas dos Mestres, ao carón do colexio da Pobra do Brollón, e están dispoñibles en réxime de aluguer. […]
