Apto para o consumo a auga da zona de abastecemento Barxa de Lor

Infórmase de que a auga da zona de abastecemento de Barxa de Lor xa é apta para o consumo. O 29 de xaneiro emitiuse un bando recomendando evitar o seu consumo pola turbidez causada polos temporais de chuvia. A día de hoxe, a auga presenta parámetros normais e volve ser apta para consumir.
Bando sobre o consumo de auga da zona de abastecemento Barxa de Lor

Informamos aos/as usuarios/as da rede de abastecemento de augas pertencente á Zona de Abastecemento Barxa de Lor que debido aos temporais de chuvia dos últimos días, a auga para o consumo desta zona de abastecemento está a incumplir os parámetros de turbidez fixados polo RD 3/2023 de 10 de xaneiro (Anexo I parte C). É […]
O CEIP da Pobra do Brollón organiza portas abertas para dar a coñecer o centro

O colexio da Pobra do Brollón organiza portas abertas para familias interesadas en coñecer o centro. Para anotarse, é preciso contactar no teléfono 982 870 639. Dende o CEIP da Pobra do Brollón tamén informan que a data límite para a reserva de praza é o 4 de febreiro. Poden consultar máis información na web […]
Ofrécense a partir de febreiro manualidades para pacientes oncolóxicos e familiares

A partir do mércores 5 de febreiro, ofreceranse na Pobra do Brollón talleres de manualidades para pacientes oncolóxicos e familiares. Os talleres serán todos os mércores de febreiro a abril de 17:00 a 19:00 horas, na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. Para participar hai que inscribirse no teléfono 651043792 ou no correo electrónico lugo@contraelcancer.es. É […]
Xúntase na Pobra do Brollón un grupo de autoaxuda para o duelo dunha perda por suicidio

A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia, FEAFES, organiza na Pobra do Brollón un grupo de autoaxuda con carácter terapéutico para familiares e/ou achegados e achegadas de persoas que faleceron por suicidio. O grupo xuntarase o xoves 30 de xaneiro de 2025 a partir das 10:30. Está aberto a […]
Información sobre a activación da rede móbil de nova xeración

As operadoras de telefonía móbil activarán nos próximos días no municipio da Pobra do Brollón os servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente. Isto permitirá á veciñanza gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura. Para garantir a compatibilidade da nova […]
Información do servizo de bus A Pobra do Brollón – Monforte de Lemos

A Rede de Transporte público de Galicia dispón dun servizo de autobús a demanda A Pobra do Brollón – Monforte de Lemos. O servizo ofrécese de luns a venres. A ida é ás 10:49 horas na parada de Avenida de Galicia da Pobra do Brollón (diante do Banco Bilbao) e a volta é ás 19:00 […]
Horario de atención ao público para consultas relacionadas coa xestión de biomasa

Debido á alta incidencia de consultas relacionadas coa xestión de biomasa en parcelas, para poder garantir unha correcta atención ao público, dende o Concello da Pobra do Brollón informamos de que a partir do luns 13 de xaneiro, o horario de atención para este tipo de consultas será exclusivamente de 9:00 a 11:00 horas. Poden […]
Información sobre a obriga da xestión de biomasa en parcelas

Informamos de que se está a notificar por medio postal aos propietarios e propietarias da obriga de realizar a limpeza e roce da masa vexetal en parcelas e soares, e da imposición de multas no caso de non cumprir con esta obriga. Estas multas son impostas pola Xunta de Galicia a través do Servizo Agrario […]
O 31 de decembro remata o prazo para solicitar asistencia gratuíta en caso de afectacións na TDT

Tras o inicio do servizo de telefonía móbil de nova xeración (4G e 5G) na zona, poden producirse afectacións na recepción de televisión dixital terrestre (TDT). Para solucionar estas afectacións e garantir que a posta en servizo das estacións base de telefonía móbil non afecte á TDT, a entidade LLEGA700 leva a cabo as actuacións […]
