Abre o prazo de inscricións nas actividades de conciliación de verán

Este verán, dende o Concello da Pobra do Brollón ofrecemos actividades para a cativada de 4 a 16 anos, co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar. As actividades son entre semana dende o 23 de xuño ata o 5 de setembro. De 8:00 a 14:00 horas, ten lugar o Campamento de Verán. Polas […]
Rus-tics: Formación en novas tecnoloxías para persoas maiores de 55 anos

Na segunda quincena de xuño a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ acollerá uns cursos para mellorar a relación coas novas tecnoloxías das persoas maiores de 55 anos. Tamén poden participar acompañantes: netos, fillos ou coidadores. Ofreceranse dous cursos: unha de formación básica para o uso de internet e aplicacións co móbil, e outro de trámites […]
Información sobre o cobro dos recibos de auga

Dende o Concello da Pobra do Brollón, infórmase de que o novo período de cobro dos recibos de consumo de auga é cada 4 meses en lugar de cada 6 meses de cobros anteriores. Proximamente se procederá ao cobro do primeiro período do 2025 correspondente ao consumo de auga dos meses de xaneiro, febreiro, marzo […]
As oficinas municipais pecharán o 23 de maio

Informamos de que este venres 23 de maio as oficinas municipais do Concello da Pobra do Brollón, incluída a Biblioteca municipal, permanecerán pechadas con motivo da festividade de Santa Rita.
Coñece os teus dereitos nos subministros do fogar

O xoves 29 de maio, A Pobra do Brollón acolle un obradoiro para dar a coñecer os dereitos básicos nos subministros do fogar, dirixido a toda a veciñanza. O obradoiro forma parte do programa ‘Consumo en Ruta’ que pon en marcha o Instituto Galego do Consumo e da Competencia co obxectivo de educar en materia […]
Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-25

O Concello da Pobra do Brollón participou no Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025 cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de Desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020. Dito Plan foi aprobado na resolución do 19 de decembro de 2023 asinada pola directora xeral […]
Nova excursión termal a Augas Santas o 21 de maio

Tras a boa acollida da primeira saída organizada en abril, o Concello da Pobra do Brollón volve programar unha excursión para realizar o circuíto termal do Hotel Balneario Iberik Augas Santas, en Pantón. Será o mércores 21 de maio, con saída en bus ás 10:30 dende diante do antigo cuartel da Garda Civil na Pobra […]
Unha nova edición do Campo de Voluntariado do Castro de San Lourenzo terá lugar do 1 ao 12 de agosto

Volve un ano máis o campo de voluntariado do Castro e Romaría de San Lourenzo, do 1 ao 12 de agosto 2025, financiado pola Xunta de Galicia coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón. As persoas participantes apoiarán os traballos arqueolóxicos no castro de San Lourenzo, parroquia de Cereixa, e a organización da Romaría […]
Bando sobre a xestión da biomasa

Dende o Concello da Pobra do Brollón lembramos a toda a veciñanza a importancia de respectar as distancias das plantacións, manter o monte limpo e a responsabilidade de cada quen coas súas propiedades. Entre todas e todos, axudemos á prevención e defensa contra os incendios forestais. E recorda, para dar alarma de lume, chama ao […]
Curso de defensa persoal feminina

O domingo 11 de maio, terá lugar na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ un curso de defensa persoal feminina. O experto de artes marciais e defensa persoal Juan José Martínez impartirá técnicas a aplicar en situacións de risco. Trátase dunha actividade aberta a mulleres. O horario establecerase en función das participantes. Para máis información e/ou […]
