982 430 001

Citizen attention

Nadal na Guimaralia 2025-26

O Nadal na Guimaralia vén cargado de eventos para todos os gustos e idades: teatro, música, literatura… Aquí a axenda completa: Domingo 21 de decembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. Isabel Risco presenta As aventuras de Nabiza Girl: O estraño caso da cultura minguante. Venres 26 ás 17:30h na Casa da Cultura […]

Certame de Poesía Infantil de Nadal: Bases

A Biblioteca Pública municipal ‘Antonio Reboiro’ convoca o Certame de Poesía Infantil ‘Nadal 2025’. Pode participar calquera nena ou neno, rapaza ou rapaz ata os 16 anos, habendo tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos. Os poemas deben estar escritos en galego e ocupar como máximo […]

Presentación da ‘Guía micolóxica básica da provincia de Lugo’ o 13 de novembro

O xoves 13 de novembro acollemos, en colaboración con Os Lactouros, a presentación da segunda edición da Guía micolóxica básica da provincia de Lugo, editada pola Sociedade Micolóxica Lucus. Será ás 20:00 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, A Pobra do Brollón. A guía é unha obra divulgativa clara e comprensible, pero con contidos […]

Olga Novo ofrece un relatorio sobre a represión franquista contra a arte

Será o 7 de novembro con motivo da presentación dos ‘Diarios’ de Syra Alonso, organizada pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica en colaboración co Concello da Pobra do Brollón A voz de Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende o silencio do exilio para contar unha das crónicas máis impactantes […]

Bota a andar un club de lectura na Biblioteca ‘Antonio Reboiro’

O luns 10 de novembro ás 19:00 horas terá lugar a primeira xuntanza do novo Club de Lectura da Biblioteca municipal ‘Antonio Reboiro’.  O club de lectura estará moderado por Sergio Rodríguez González e está aberto a calquera persoa maior de 14 anos.  A primeira proposta de lectura será La casa en Mango Street de Sandra Cisneros.  […]

Celebramos o Día da Biblioteca con actividades para público infantil e adulto

O Concello da Pobra do Brollón celebra o Día da Biblioteca con dúas actividades para público adulto e infantil. O xoves 23 de outubro, Andrea Nunes Brións presentará, acompañada por Alba María e Olga Novo, o seu poemario Mapa da estría, lanzado en xuño deste ano coa editorial Chan da Pólvora. Nunes Brións, nada en […]