982 430 001

Citizen attention

XXXIII Feira do Viño de Vilachá

Do 1 ao 3 de maio de 2026 celebraremos a XXXIII Feira do Viño de Vilachá, nas icónicas adegas medievais da Abelaira (Vilachá de Salvadur, A Pobra do Brollón). Iremos compartindo aquí o programa e toda a información. Programa: Venres 1 de maio (a partir das 16:00) Actuacións de: Os Parrandas – Batukada Tukupá Sábado […]

Comezan en abril clases de galego multinivel para adultos

O Concello da Pobra do Brollón ofrecerá a partir de abril clases de galego para adultos. As clases comezarán o día 7 de abril e terán lugar todos os martes de 19:00 a 20:30 horas na aula da Escola municipal de Música (no edificio do Albergue municipal, ao carón do colexio).  Adaptaranse as sesións aos […]

Obradoiro de xabóns artesanais e oleatos de mimosa

O domingo 29 de marzo, terá lugar na Pobra do Brollón un obradoiro de elaboración de xabóns artesanais e oleatos de mimosa.  O obradoiro, realizado por Huellas Socioeducativas, será ás 17:00 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. Terá unha duración de dúas horas e o prezo son 15€ por persoa. As prazas están limitadas […]

A Pobra do Brollón acolle en marzo a presentación de dous libros

A primeira será a novela Conmigo muere tu secreto do monfortino Fernando Hernández, este venres 6 de marzo O Concello da Pobra do Brollón organiza dúas presentacións de libro para o mes de marzo, ambas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. A primeira, este venres 6 ás 20:00 horas, a novela de intriga Conmigo muere […]

Convocado o 2º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá

O Concello da Pobra do Brollón convoca o 2º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá. O obxectivo é seleccionar o cartel oficial que anuncie a edición XXXIII da Feira, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de maio de 2026. O premio pretende estimular a creatividade das persoas participantes, sendo […]

Entroido 2026: Programación da Pobra do Brollón e Salcedo

Consulta toda a programación do Entroido 2026 na Pobra do Brollón: Xoves 5 de febreiro. Xoves de Compadres A partir das 18:30h. Queima dos Compadres e chocolatada na Praza da Peza. Bases do Concurso de Compadres neste enlace. Xoves 12 de febreiro. Xoves de Comadres. A partir das 18:30h. Queima das Comadres e chocolatada na […]

Concursos de Entroido 2026

O Concello da Pobra do Brollón lanza un ano máis os concursos de Entroido: o Concurso de Compadres e Comadres (xoves 5 e 12 de febreiro) e o Concurso de Disfraces (sábado 14 de febreiro).  A continuación, ofrecemos toda a información e bases dos concursos. Consulta neste enlace a programación ao completo do Entroido na […]

Obradoiros de Nadal na Biblioteca Municipal

Abre o prazo para inscribirse nos obradoiros de Nadal na Biblioteca municipal ‘Antonio Reboiro’. Os obradoiros están dirixidos a nenas e nenos entre 4 e 12 anos. Terán lugar en horario de 10:30 a 13:30 os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro e 2 de xaneiro. Hai un límite de prazas de […]