A Pobra acolle o pase de outono de Vendaval – 2ª Mostra de Cinema Portugués da Ribeira Sacra, promovida pola asociación ‘A Memoria é Náufraga’ coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón. Será o sábado 22 de novembro, na Casa da Cultura ‘Olga Novo ás 20:00 h.
Proxectaranse varias curtametraxes: O Homem de Trás-os-Montes de Miguel Moraes Cabral (27′), Longe da Amazónia de Francisco Carvalho (18′), Kora de Cláudia Varejão (29′) e Anjo de Miguel Nunes (24′).
Tres dos catro filmes, serán mostrados en versión original subtitulada ao galego, con traducción de Héctor Pardo Álvarez (Anjo) e María Prieto (O Homem de Trás-os-Montes e Longe da Amazónia) mentres que Kora terá subtítulos en castelán.






