Nadal na Guimaralia 2025-26

O Nadal na Guimaralia vén cargado de eventos para todos os gustos e idades: teatro, música, literatura… Aquí a axenda completa: Domingo 21 de decembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. Isabel Risco presenta As aventuras de Nabiza Girl: O estraño caso da cultura minguante. Venres 26 ás 17:30h na Casa da Cultura […]
Este sábado celébranse os XIII Cantos de Taberna da Pobra do Brollón coa participación de dez agrupacións

Este sábado 6 de decembro a partir das seis da tarde chegan os XIII Cantos de Taberna da Pobra do Brollón coa participación de dez agrupacións procedentes tanto da Pobra do Brollón como doutros municipios da bisbarra. Todos os grupos pasarán ao longo do serán por cinco bares do municipio: Avenida, Bar Pirata, Primeiro de […]
Certame de Poesía Infantil de Nadal: Bases

A Biblioteca Pública municipal ‘Antonio Reboiro’ convoca o Certame de Poesía Infantil ‘Nadal 2025’. Pode participar calquera nena ou neno, rapaza ou rapaz ata os 16 anos, habendo tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos. Os poemas deben estar escritos en galego e ocupar como máximo […]
O XVI Concurso de Tapas da Guimaralia arranca este venres 28 e durará unha semana

A partir deste venres 28 de novembro ata o venres 5 de decembro, poderanse degustar as propostas do XVI Concurso de Tapas da Guimaralia e entrar nun sorteo votando pola tapa favorita. O remate do Concurso de Tapas dá paso aos Cantos de Taberna que se celebran o sábado 6 de decembro. Ambos eventos están […]
‘Vendaval’, a 2ª Mostra de Cinema Portugués da Ribeira Sacra, chega á Pobra do Brollón

A Pobra acolle o pase de outono de Vendaval – 2ª Mostra de Cinema Portugués da Ribeira Sacra, promovida pola asociación ‘A Memoria é Náufraga’ coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón. Será o sábado 22 de novembro, na Casa da Cultura ‘Olga Novo ás 20:00 h. Proxectaranse varias curtametraxes: O Homem de Trás-os-Montes de […]
Presentación da ‘Guía micolóxica básica da provincia de Lugo’ o 13 de novembro

O xoves 13 de novembro acollemos, en colaboración con Os Lactouros, a presentación da segunda edición da Guía micolóxica básica da provincia de Lugo, editada pola Sociedade Micolóxica Lucus. Será ás 20:00 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, A Pobra do Brollón. A guía é unha obra divulgativa clara e comprensible, pero con contidos […]
Olga Novo ofrece un relatorio sobre a represión franquista contra a arte

Será o 7 de novembro con motivo da presentación dos ‘Diarios’ de Syra Alonso, organizada pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica en colaboración co Concello da Pobra do Brollón A voz de Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende o silencio do exilio para contar unha das crónicas máis impactantes […]
Bota a andar un club de lectura na Biblioteca ‘Antonio Reboiro’

O luns 10 de novembro ás 19:00 horas terá lugar a primeira xuntanza do novo Club de Lectura da Biblioteca municipal ‘Antonio Reboiro’. O club de lectura estará moderado por Sergio Rodríguez González e está aberto a calquera persoa maior de 14 anos. A primeira proposta de lectura será La casa en Mango Street de Sandra Cisneros. […]
Celebramos o Día da Biblioteca con actividades para público infantil e adulto

O Concello da Pobra do Brollón celebra o Día da Biblioteca con dúas actividades para público adulto e infantil. O xoves 23 de outubro, Andrea Nunes Brións presentará, acompañada por Alba María e Olga Novo, o seu poemario Mapa da estría, lanzado en xuño deste ano coa editorial Chan da Pólvora. Nunes Brións, nada en […]
O evento literario-musical ‘Na casa delas’ chega á Pobra do Brollón o 11 de outubro

O sábado 11 de outubro, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’, A Pobra do Brollón, acollerá o espectáculo literario-musical Na casa delas. O evento é ás 20:00 horas, de entrada libre. Trátase dun concerto do cuarteto vocal Son de corda no que cantan a poetas luguesas, concretamente, á guímara Olga Novo, a María Mariño, Luz Pozo, […]
