982 430 001

Atención cidadá

Xeral

Volve o Mercado Circular os días de feira de verán

Volve o Mercado Circular, unha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón para apoiar a economía local, xusta e sostible. Os postos pódense atopar na Praza da Peza os días de feira (os días 11 e 25) de verán.

A proposta está aberta a calquera persoa que queira vender algo da súa propia colleita: produtos da horta, conservas, mel, viño, artesanía… Tamén roupa ou obxectos de segunda man.

Ao coincidir coa feira, tamén haberá postos de polbo e os postos de alimentación e roupa habituais da feira da Pobra do Brollón.

A participación no Mercado Circular é gratuíta. O Concello dispón dun número limitado de postos. Unha vez repartidos, os participantes deberán dispor das súas propias mesas ou postos. As persoas interesadas deben contactar no teléfono 650 624 828.