Queres mergullarte no mundo do teatro? Xa está aberto o prazo de matrícula no novo obradoiro de teatro para a mocidade con Merche Pérez.
O obradoiro terá lugar os luns e mércores dende o 4 de setembro ata o 20 de decembro, co seguinte horario:
- Grupo Educación Infantil (de 4 a 6 anos): De 16:00 a 17:00
- Grupo Educación Primaria (de 7 a 11 anos): De 17:00 a 18:00
- Grupo Educación Secundaria (de 12 a 17 anos): De 18:00 a 19:30
O obradoiro desenvolverase no Pavillón municipal. As prazas son limitadas. As inscricións realízanse na Biblioteca municipal en horario de 10:30 a 13:00 por teléfono (982430546) ou presencialmente (Casa da Cultura ‘Olga Novo’, 2ª planta).
O obradoiro de teatro “Mundo Rural Mundo Cultural” é unha actividade de balde que conta con financiamento da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a colaboración do Concello da Pobra do Brollón.






