A partir do próximo luns o punto limpo móbil volve percorrer as parroquias da Pobra do Brollón, tras a suspensión do servicio por mor da crise do coronavirus.
O percorrido retómase en Pinel, onde estará aparcado xunto á igrexa dende o luns 1 de xuño ata o mércores 3. Despois estará en Abrence de xoves 4 a domingo 7. As seguintes datas serán:
- Cereixa (Campo da Festa) de luns 8 a xoves 11
- Fornelas (Casa do Cura) de venres 12 a domingo 14
- Eixón (xunto ao local social) de luns 15 a mércores 17
- Piño (xunto ao local social) de xoves 18 a domingo 21
O punto limpo móbil ten por obxectivo facilitar a reciclaxe e o depósito seguro de residuos como parte do programa municipal ‘Menos residuos, máis vida’. Realízase co apoio da Consellería de Medio Ambiente e do Feder.
Consiste nun remolque con compartimentos separados para depositar refugallos contaminantes, que posteriormente trasládanse ao punto limpo da Pobra para a súa xestión.
Os residuos que se poden depositar no punto limpo móbil son os seguintes:
– Envases de aerosois (ambientadores, insecticidas, produtos limpeza, perfumería e cosmética, etc.)
– Medicamentos caducados ou que xa non precises, e envases con restos de medicamentos
– Aceite usado de cociña
– Pilas, baterías e acumuladores
– Lámpadas de baixo consumo e fluorescentes
– Envases baleiros de pinturas
– Tóners e cartuchos de impresoras





