O Concello da Pobra do Brollón, no seu propósito de respecto polo medio ambiente a partir dunha mellor xestión dos residuos xerados nos fogares, pon a disposición de toda a veciñanza un Punto Limpo Móbil que comezará o seu percorrido polas parroquias o luns 17 de abril.
No Punto Limpo Móbil pódense depositar determinados refugallos para a súa posterior reciclaxe, tales como: pilas, medicamentos e os seus envases, lámpadas e tubos fluorescentes, aerosois, aceite usado de cociña, envases baleiros de pinturas, tóners e cartuchos de impresoras.
Este Punto Limpo Móbil visitará todas as parroquias do Concello seguindo un percorrido lóxico para a súa operatividade efectiva. Situarase nos puntos previamente sinalizados e permanecerá durante os días indicados en cada parroquia (ver calendario abaixo).
Dende o concello queremos pedir a colaboración da cidadanía facendo un uso correcto do Punto Limpo Móbil e coidando que se manteña en boas condicións para que toda a comunidade do Concello da Pobra do Brollón poida facer uso del.
PUNTO LIMPO MÓBIL – PARROQUIAS | |||
| DATA | ||
PARROQUIA | LOCALIZACIÓN | DENDE | ATA |
PARADA DOS MONTES | IGREXA PARROQUIAL | 17/04/2023 | 19/04/2023 |
SALCEDO | EDIFICIO MULTIUSOS | 20/04/2023 | 23/04/2023 |
LAMAIGREXA | LOCAL SOCIAL | 24/04/2023 | 26/04/2023 |
CASTRONCELOS | CAMPO DA FESTA | 27/04/2023 | 30/04/2023 |
BARXA DO LOR | LOCAL SOCIAL | 02/05/2023 | 04/05/2023 |
A ESTACIÓN | LOCAL SOCIAL | 05/05/2023 | 07/05/2023 |
VILACHÁ | CASA RAIMUNDO CARPINT. | 08/05/2023 | 10/05/2023 |
LIÑARES | CASA DO CURA | 11/05/2023 | 14/05/2023 |
PINEL | IGREXA | 15/05/2023 | 18/05/2023 |
ABRENCE | ABRENCE | 19/05/2023 | 21/05/2023 |
CEREIXA | CAMPO DA FESTA | 22/05/2023 | 24/05/2023 |
FORNELAS | CASA DO CURA | 25/05/2023 | 28/05/2023 |
EIXÓN | LOCAL SOCIAL | 29/05/2023 | 31/05/2023 |
PIÑO | LOCAL SOCIAL | 01/06/2023 | 05/06/2023 |
ÓUTARA | LOCAL SOCIAL | 06/06/2023 | 08/06/2023 |
CANEDO | LOCAL SOCIAL | 09/06/2023 | 12/06/2023 |
PACIOS DE VEIGA | LOCAL SOCIAL | 13/06/2023 | 15/06/2023 |
VEIGA | AO LADO DA FONTE | 16/06/2023 | 19/06/2023 |
SANTALLA DE REI | ÁREA RECREATIVA | 20/06/2023 | 22/06/2023 |
A FERREIRÚA | LUGAR DE SOUTO | 23/06/2023 | 26/06/2023 |
FERREIROS | LOCAL SOCIAL | 27/06/2023 | 29/06/2023 |
SAA | ÁREA RECREATIVA | 30/06/2023 | 03/07/2023 |
CASTROSANTE | O LUGAR | 04/07/2023 | 06/07/2023 |
A POBRA DO BROLLÓN | ÁREA RECREATIVA “SAMUGUEIROS” | 07/07/2023 | 10/07/2023 |





