O sábado día 10 de febreiro a partir das 17.00 h. celebrarase o desfile de disfraces, comparsas e carrozas na Pobra do Brollón (saída cruce da estrada de Saa). Para participar deben de anotarse na biblioteca municipal (Casa da Cultura) ou chamando ao 982 430546 antes do venres 9 de febreiro, recollendo o número o sábado a partires das 16.00 h. nas oficinas do concello. Acompañará o desfile a charanga “Os Escachapeitos”. Ao remate do desfile farase a entrega de premios na Cada da Cultura “Olga Novo”.
Premios do desfile:
PREMIOS PERTENCENTES AO CONCELLO
PREMIOS | CARROZAS | COMPARSAS DE 15 PERSOAS | COMPARSAS DE 5 A 14 PERSOAS | INDIVIDUAL DE 1 A 4 PERSOAS |
1º PREMIO | 175 € | 175 € | 100 € | 50 € |
2º PREMIO | 125 € | 125 € | 80 € | 40 € |
3º PREMIO | 75 € | 75 € | 50 € | 30 € |
4º PREMIO | ——————- | ——————— | —————— | 20 € |
5º PREMIO | ——————- | ———————- | —————— | 10 € |
PREMIOS NON PERTENCENTES AO CONCELLO
PREMIOS | CARROZAS | COMPARSAS DE 15 PERSOAS | COMPARSAS DE 5 A 14 PERSOAS |
1º PREMIO | 75 € | 75 € | 50 € |
2º PREMIO | 50 € | 50 € | 40 € |
3º PREMIO | 30 € | 30 € | 25 € |
4º PREMIO | ——————- | ——————— | —————— |
5º PREMIO | ——————- | ———————- | —————— |
- Cada unha das carrozas e comparsas de máis de 15 persoas, poderá nomear un representante para formar parte do xurado calificador.
- Tódalas carrozas inscritas levarán un mínimo de 40 € sen perxuício do premio que acaden.
- Tódalas comparsas de 15 ou máis persoas levarán un mínimo de 20 € sen prexuizo do premio que acaden..
- Para participar hai que apuntarse antes das 13.30 h. do día 9 de febreiro na Biblioteca Municipal (Casa da Cultura) ou chamar o tlf: 982-430546.
- Os disfraces, comparsas e carrozas estarán cun mínimo de 20 minutos de antelación, sobre a hora da saída, no cruce da estrada de Saá.
- Agradecemos a colaboración das distintas asociacións ou outras organizacións que colaboren.





