982 430 001

Atención cidadá

Xeral

Convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de auxiliares de SAF

Están publicadas as bases para crear unha bolsa de emprego de auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) no Concello da Pobra do Brollón. O obxectivo é poder contratar puntualmente para realizar substitucións por ausencias de persoal por incapacidade laboral transitoria, permisos e licenzas.

A selección de persoal realízase mediante o sistema de concurso con valoración de méritos.

As funcións a realizar son atencións domésticas (actividades e tarefas no fogar) e atencións persoais (compañía, hixiene persoal, acompañamento a xestións, mobilización dentro do fogar…). 

As bases están publicadas na Sede Electrónica do Concello da Pobra do Brollón.

Enlaces directos: 

Bases de selección Bolsa Servizo Axuda no Fogar 2023

Anexo I Servizo Axuda no Fogar 2023

Anexo II Servizo Axuda no Fogar 2023