Desfile de Entroido 2023
Data: Sábado 18 de febreiro
Hora e lugar: Saída ás 17:00 h dende o cruce da estrada de Saa, A Pobra do Brollón. Remate na Casa da Cultura con entrega de premios.
- Para participar hai que apuntarse antes das 13:30 horas do día 17 de febreiro na Biblioteca municipal (Casa da Cultura) presencialmente ou no teléfono 982 430 546.
- Cada unha das carrozas e comparsas de máis de 15 persoas poderá nomear un representante para formar parte do xurado calificador.
- Todas as carrozas inscritas levarán un mínimo de 40€ sen prexuízo do premio que acaden.
- Todas as comparsas de 15 ou máis persoas levarán un mínimo de 20€ sen prexuízo do premio que acaden.
- Os disfraces, comparsas e carrozas deberán estar no cruce da estrada de Saa cun mínimo de 20 minutos de antelación á hora de saída.
Premios pertencentes ao concello:
Premios | Carrozas | Comparsas +15 persoas | Comparsas 5-14 persoas | Individual 1-4 persoas |
1º | 175 € | 175 € | 100 € | 50 € |
2º | 125 € | 125 € | 80 € | 40 € |
3º | 75 € | 75 € | 50 € | 30 € |
4º | — | — | — | 20 € |
5º | — | — | — | 10 € |
Premios non pertencentes ao concello:
Premios | Carrozas | Comparsas +15 persoas | Comparsas 5-14 persoas |
1º | 75 € | 75 € | 50 € |
2º | 50 € | 50 € | 40 € |
3º | 30 € | 30 € | 25 € |





