982 430 001

Atención cidadá

Xeral

Comeza a cuarta campaña de escavacións no Castro de San Lourenzo

Desde que no verán do 2016 comezaron os traballos arqueolóxicos no Castro de San Lourenzo xa se ten obtivo moita información do modo de vida nos séculos XII, XIII e XIV nesta zona do interior. Nesta cuarta campaña vaise ampliar o espazo de escavación e afondar máis na necrópole con tumbas do século XII. O equipo de traballo, dirixido polo arqueólogo Xurxo Ayán, espera poder atopar o templo asociado á necrópole que tamén sería a orixe da igrexa de San Lourenzo, na parroquia de Cereixa.

Esta cuarta campaña desenvólvese gracias ao convenio asinado entre o concello da Pobra do Brollón e a Dirección Xeral do Patrimonio. Ao mesmo tempo o concello tamén asinou un convenio coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado polo que na primeira quincena do mes de agosto se desenvolverá no Castro de San Lourenzo un campo de traballo internacional que permitirá que unha vintena de moz@s executen labores de saneamento e apoio ás escavacións.

O Castro de San Lourenzo é ademais punto de referencia central en dúas das propostas de visitas guiadas que este verán comezou a organizar o concello da Pobra do Brollón. Con todo, desde o equipo de goberno quérese impulsar e dinamizar os principais recursos turísticos a patrimoniais do concello e neste abano de propostas o Castro de San Lourenzo ten un papel fundamental.

Etiquetas