982 430 001

Atención cidadá

Abre o novo albergue municipal da Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón xa conta con albergue municipal. A iniciativa xorde como un recurso para peregrinos do Camiño de Inverno, aínda que tamén para turistas e visitantes en xeral.   Trátase dunha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón financiada con fondos propios, fondos Agader e da Deputación Provincial de Lugo. Tras acondicionar o espazo […]

O albergue da Pobra do Brollón inaugúrase o sábado 15 de xullo

O albergue da Pobra do Brollón abre as súas portas este sábado 15 de xullo. Está situado no segundo andar do novo edificio multiusos municipal, na Avenida de Outeiro (ao carón do colexio da Pobra do Brollón).  O albergue conta con 36 prazas, dispoñibles tanto para peregrinos do Camiño de Inverno como para turistas e visitantes en xeral. […]

Viaxes á praia 2023

O Concello da Pobra do Brollón organiza para a veciñanza catro viaxes á praia nos meses de xullo e agosto.  O día 16 de xullo a Samil  O día 30 de xullo a Viveiro O día 6 de agosto a Miño O día 20 de agosto a Samil O prazo para apuntarse remata o venres anterior á saída ás 12:30 horas, debendo […]

Convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de auxiliares de SAF

Están publicadas as bases para crear unha bolsa de emprego de auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) no Concello da Pobra do Brollón. O obxectivo é poder contratar puntualmente para realizar substitucións por ausencias de persoal por incapacidade laboral transitoria, permisos e licenzas. A selección de persoal realízase mediante o sistema de concurso […]

Celebrado este mediodía o pleno de investidura da corporación municipal

Hoxe ao mediodía celebrouse na Casa do Concello o pleno de investidura no que Xosé Lois Maceda Vilariño recibiu o bastón de mando da alcaldía da Pobra do Brollón. Tamén tomaron posesión os concelleiros do BNG Manuel González Moreira, Ricardo Rodicio González, a concelleira Josefa Rodríguez Rodríguez e Óscar Rivera López. Os concelleiros da oposición […]

Ofertas de emprego nos Centros de Día da Pobra do Brollón, Monforte e Pantón

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar abriu dúas ofertas de emprego para os Centros de Día da Pobra do Brollón, Monforte e Pantón.  Búscanse seis xerocultores/xerocultoras e seis PSX (persoal de servizos xerais) para cubrir vacacións, permisos e baixas de enfermidade. Para máis información, poden contactar co Centro de Día da Pobra do Brollón […]

Volve o Campamento de Verán

En xullo volve o Campamento de Verán da Pobra do Brollón.  Este ano, con novos obradoiros extra divertidos: actividades na natureza, arqueoloxía, creación de xogos, xornalistas da Guimaralia… O campamento ten un custo total de 10€. Ofrecerase de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00, dende o 3 de xullo ata o 11 de agosto. Está […]

Bando sobre o censo electoral

O luns 5 de xuño ata o día 12 abre o prazo para consulta e reclamación por non inclusión no censo electoral da Pobra do Brollón. O teléfono para consultar é 982430001, en horario de 9 a 14h.

Bandos sobre fallos na calidade da auga

Por mor das chuvias torrenciais destes días, a auga das zonas de abastecemento de Barxa de Lor e de Domiz veñen con moito lodo, polo que non é posible garantir unha óptima calidade. Recoméndase, ata novo aviso, ferver a auga entre 2-3 minutos antes de consumila. Consulta nos bandos as zonas afectadas:

Resultados eleccións municipais 2023

O alcalde da Pobra do Brollón Xosé Lois Maceda celebra a subida dun 3% na participación nas eleccións municipais, celebradas onte domingo 28 de maio. Maceda tamén aclara un erro nos resultados que se están a publicar nos medios de comunicación. Segundo o reconto oficial que figura nas actas, os resultados correctos son 6 concelleiros para o BNG, dous para […]