982 430 001

Atención cidadá

Os días 14 e 15 de setembro pasa polo noso concello a XXIV Volta Ciclista a Galicia

Este xoves 14 e venres 15 de setembro pasa polo noso Concello a XXIV Volta Ciclista a Galicia. Por este motivo algunhas poboacións do noso concello veranse afectadas por cortes de tráfico para o paso dos ciclistas. Pedimos a vosa colaboración a fin de que a proba transcorra de forma satisfactoria. Nas zonas afectadas pedimos: […]

Comezan as clases de ximnasia e pilates

Este martes 5 de setembro comezan as clases municipais de ximansia e pilates do novo curso 2023-24. Teñen lugar no pavillón municipal da Pobra do Brollón, a cargo do entrenador Alejandro Ferriz.  As clases de ximnasia son martes e xoves, un grupo en horario de 19:00 a 20:00h e outro grupo en horario de 20:00 a 21:00h. As clases […]

Abre o prazo de matrícula nas actividades para adultos do curso 2023-24

Abre o prazo de matrícula nas actividades do curso 2023-24 na Pobra do Brollón: ximnasia, ioga, pilates, zumba, baile de salón e manualidades (ver horarios abaixo). A matrícula debe realizarse presencialmente do 24 ao 30 de agosto en horario de 9:00 a 14:00 horas, na Biblioteca municipal ou nas oficinas de Servizos Sociais (Casa da Cultura ‘Olga Novo’). […]

Información sobre o servizo de conciliación para o curso escolar 2023-24

O Concello da Pobra do Brollón retoma a partir do luns 11 de setembro o programa de conciliación laboral e familiar para o curso escolar 2023-24. É un servizo totalmente gratuito para axudar ás familias do noso concello salvar as incompatibilidades que se presentan en moitas ocasións no desenvolvemento da vida familiar e laboral.  Este programa contempla […]

Volve o programa ‘Coidados porta a porta’ do 15 ao 20 de setembro

‘Coidados porta a porta’ é un programa da Consellería de Política Social para ofrecer consultas gratuítas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a maiores de 55 anos, para a prevención da dependencia. Para ofrecer o servizo, instalarase un bus varios días na área recreativa Samugueiros, A Pobra do Brollón, con profesionais de cada especialidade. O bus estará os […]

Abre a preinscrición para as actividades do curso 2023-24

Abre o prazo de preinscrición nas actividades do curso 2023-24: ximnasia, ioga, pilates, zumba, baile de salón e manualidades (ver horarios abaixo). Prevese comezar as actividades o día 1 de setembro. Desenvolveranse no pavillón municipal, excepto as actividades por parroquias. Para que as actividades poidan realizarse, precísase un mínimo de 15 persoas por grupo para […]

Visitas guiadas de verán 2023

En agosto arranca ‘Déixate guiar’, o programa de visitas guiadas de verán do Concello da Pobra do Brollón, cunha oferta de cinco visitas: Penas do Castelo, Cova das Choias, Os Conventos, Adegas de Vilachá e Castro de San Lourenzo. As visitas ofrécense dende o 1 de agosto ao 15 de setembro baixo demanda de mércores a domingo ás 11:00. Grupo mínimo 5 persoas. Para a visita a Cova […]

Aberto o prazo para recoller os vales de material escolar

Está aberto o prazo para recoller os vales de axuda para a adquisición de material escolar para as nenas e nenos matriculados no CEIP da Pobra do Brollón no vindeiro curso 2023-2024.  Os vales entregaranse nas oficinas do Concello da Pobra do Brollón en horario de 9:00 a 12:00 h ata o día 31 de agosto.

Amplíase o Campamento de Verán para facilitar a conciliación

Ampliamos o horario do Campamento de Verán para facilitar a conciliación laboral e familiar. O novo horario será de 8 da mañá a 4 da tarde, e ademais prolongarase ata o 31 de agosto. As familias poden elixir que horas usar o servizo segundo conveniencia. Actualmente as prazas están todas ocupadas polas familias xa inscritas no campamento […]