982 430 001

Atención cidadá

Melloramos a accesibilidade da Casa do Concello

A Casa do Concello da Pobra do Brollón dotouse dun ascensor de baixa velocidade adaptado para persoas con mobilidade reducida. Trátase dunha obra vital para permitir a accesibilidade universal da casa consistorial de acordo coa lei 10/2014. Ata agora a atención a persoas con limitacións de mobilidade realizábase na planta baixa do Concello ao non dispoñer dos medios […]

A Oficina móbil Acelera Peme visita A Pobra do Brollón o 9 de novembro

O xoves 9 de novembro contaremos coa presenza da Oficina Móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo. Estará instalada diante do cuartel da Garda Civil ás 10:30 horas. Se es autónomo ou autónoma, ou propietario/a dunha Peme e precisas impulsar a dixitalización do teu negocio, achégate á Oficina Móbil Acelera Peme. Alí, […]

Taller de musicoterapia

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns organiza na Pobra do Brollón un taller de musicoterapia, dirixido a poboación adulta, coidadores e a cidadanía en xeral. No obradoiro, os e as asistentes aprenderán de xeito práctico sobre o uso da música para previr e mellorar a saúde física e mental.  Para participar é preciso inscribirse neste enlace. No […]

Bandos sobre a auga de consumo

A consecuencia das chuvias torrenciais destes días, a auga dos ríos Loureiro e Lor está a baixar con moito lodo, afectando á turbidez da auga de consumo nalgunhas parroquias da Pobra do Brollón. O Concello da Pobra do Brollón emite por tanto dous bandos recomendando evitar o seu consumo, que compartimos a continuación:

Obradoiro ‘Coidando ao coidador’ este xoves 19

Este xoves 19 de outubro en horario de 17:00 a 21:00 terá lugar un novo obradoiro da Escola Galega de Saúde para Cidadáns: ‘Coidando ao coidador’. Máis información no cartel que incluímos nesta publicación. Para participar é preciso inscribirse neste enlace: https://tinyurl.com/54j78wyh.

Publicadas as bases do Obradoiro dual de Emprego 2023-24

Están publicadas as bases de selección do Obradoiro dual de emprego “O Incio, A Pobra do Brollón, e Bóveda” para as anualidades 2023-2024. Tanto as bases como os impresos para solicitar están dispoñibles nas oficinas municipais de luns a venres de 8 a 14.30 horas e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello da […]

Obradoiro dual de Emprego 2023-24

O Concello da Pobra do Brollón acaba de ser beneficiario da subvención concedida para o Obradoiro dual de Emprego O Incio, A Pobra do Brollón e Bóveda. A entidade promotora na edición 2023-2024 vai ser o Concello do Incio. No caso do Concello da Pobra do Brollón, as actividades formativas centrarase na especialidade AGAO0108 denominada “Actividades auxiliares en […]

Aviso dun peche de auga pola limpeza do tanque de Domiz este mércores 27

A partir deste mércores 27 de setembro, procederase ao peche da subministración de auga nos lugares de: MARTUL, LAMAIGREXA, TUDRIZ, RECEMUNDE, O PEREIRO, CASTRONCELOS, VILARMAO, A ESTACIÓN, PINEL, ABRENCE e A FRIEIRA. O tempo estimado do peche é dun día (24 horas). O motivo do peche é a limpeza do tanque de Domiz para sacar o lodo […]

A auga na zona de abastecemento de Barxa de Lor xa está apta para o consumo

Mañá xoves tamén se levantarán as restricións na zona de abastecemento de Loureiro A auga viña moi turbia pola presencia de lodo a raíz dos arrastres do monte queimado A semana pasada dende o Concello da Pobra do Brollón recomendamos non consumir a auga da billa en case unha vintena de parroquias e lugares do municipio. […]