982 430 001

Atención cidadá

X Feira Guímara: Programa

O sábado 12 de xullo celebramos na Pobra do Brollón a décima edición da Feira Guímara no campo da feira, ao carón do río Rubín. A programación arranca ás 12:00 do mediodía co pregón a cargo de Belén López Rodríguez, xornalista oriúnda de Recemunde.  Ás 12:30 terá lugar a representación da Revolta Guímara, na que […]

A décima edición da Feira Guímara chega o sábado 12 de xullo

O sábado 12 de xullo chega a 10ª edición da Feira Guímara. Unha ocasión para celebrar en comunidade o espírito guímaro a partir da conmemoración da revolta popular contra o Conde de Lemos, como tan ben queda reflectido no cartel deseño de Iago López. Ademais da representación da revolta, como outros anos, ao longo da xornada […]

Anunciamos a proposta gañadora do 1º Concurso de carteis da Feira Guímara

Presentamos o cartel gañador do 1º Concurso de Carteis da Feira Guímara. O artista é Iago López. Veciño de Fornelas, na súa representación da revolta guímara nótase que coñece ben a Feira. O cartel inclúe ademais o lema inspirado pola historia de Lope de Ferreiros, acusado de instigar a sublevación veciñal contra o Conde de […]

Mario Obrero presenta o seu novo libro ‘Con e de curcuspín’ o 26 de maio na Pobra

‘Con e de curcuspín’ (Anagrama, 2025), é un canto de amor ás linguas minorizadas, as que conforman unha realidade plurilingüe e diversa: ao galego, ao aragonés, ao català, ao aranés, ao asturianu, ao estremeñu, ao euskara…   Trátase dun ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa poesía habitual do autor. Será un verdadeiro luxo […]

A Pobra do Brollón celebra o 17 de maio co Festival das Letras

O Concello da Pobra do Brollón conmemora este sábado 17 de maio co Festival das Letras, o evento que cada ano por estas datas celebra a Escola municipal de Música Samoeiro. Este ano co día das Letras Galegas dedicado ás cantareiras e á poesía popular oral, o festival, que xira arredor da musica tradicional, cobra […]

Pacios de Veiga acolle a primeira Foliada Guímara do ano

Este sábado 10 de maio, o local social de Pacios de Veiga acolle a primeira Foliada Guímara de 2025. As Foliadas Guímaras son unha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón co obxectivo de descentralizar a programación cultural dinamizando as distintas parroquias, así como ofrecer un espazo no que o alumnado da Escola municipal de […]

Convócase o 1º Concurso de carteis da Feira Guímara

O Concello da Pobra do Brollón convoca a primeira edición do Concurso de carteis da Feira Guímara co gaio de seleccionar o cartel anunciador da X Feira Guímara, que se celebrará o 12 de xullo de 2025. O concurso pretende estimular a creatividade das persoas participantes sendo o cartel unha peza moi visible en todas […]

A XXXII Feira do Viño de Vilachá celébrase o 2, 3 e 4 de maio

A primeira fin de semana de maio celébrase a edición número 32 da Feira do Viño de Vilachá. Será no conxunto de adegas medievais da Abelaira, parroquia de Vilachá de Salvadur, concello da Pobra do Brollón. Nesta edición participan as adegas Adega Vella, Bico de Lagar, Casa do Curuxo, Sernande e Tolo do Xisto. Tamén […]

O IX Encontro de Corais celébrase o 26 de abril

O sábado 26 de abril ás 19:00 terá lugar a novena edición do Encontro de Corais na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón. Ademais da Coral Polifónica da Escola de Música Samoeiro da Pobra do Brollón, participarán a Coral Ventos do Val de Mos (Pontevedra) e a Coral Polifónica de Chantada (Lugo). […]