982 430 001

Atención cidadá

Sobes ao autobús do teatro? Nova saída o 9 de outubro

Novamente, a veciñanza da Pobra do Brollón poderá desfrutar de transporte gratuíto e entrada reducida para ver unha produción do Centro Dramático Galego en Santiago de Compostela. Trátase da obra A serie clopen e será o xoves 9 de outubro.  O espectáculo é a nova produción do CDG, dirixida por Pablo Reboleiro. A serie clopen combina acrobacias […]

Charla sobre o conflito palestino a cargo de Fayez Badawi o vindeiro luns 6

O vindeiro luns 6 ás 20:00 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, o Concello da Pobra do Brollón organiza xunto a Mar de Lumes unha charla de Fayez Badawi, unha voz privilexiada para explicar a situación actual de Palestina, a historia do conflito e o xenocidio en curso que é unha auténtica vergoña para […]

O sábado 27 de setembro celébrase a XI edición de As Cores do Outono

O sábado 27 de setembro, celebramos na Pobra do Brollón a undécima edición do festival As Cores do Outono, organizado polo Concello co apoio económico da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Este ano o evento levará á área recreativa de Samugueiros tres propostas musicais moi potentes que mesturan tradición e innovación: […]

Música sen fronteiras con Os Nickis este mércores na Casa da Cultura

A Pobra do Brollón acolle este mércores 3 un concerto de Os Nickis, formación que une Australia e Galicia cun repertorio variado de diferentes estilos e procedencias. Os Nickis está formado por catro integrantes de Sarria e Australia: Nick Watson, María García, Verónica Quintela e Martín Vázquez. A través da voz, guitarra, bombardino e percusión […]

Conmemoramos o Ano Castelao con teatro e unha exposición

Na conmemoración do 75 cabodano de Castelao, o Concello da Pobra do Brollón acolle unha exposición e unha obra teatral sobre a obra dun dos intelectuais galegos máis influentes, grazas a unha colaboración coa área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A exposición ‘Sempre en Galiza. 1944-2024’ é unha mostra dedicada á obra […]

A undécima edición de As Cores do Outono terá lugar o sábado 27 de setembro

Presentouse este martes ao mediodía o cartel da edición número once do festival As Cores do Outono que se celebrará o sábado 27 de setembro. O evento é organizado polo Concello da Pobra do Brollón co apoio económico da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O alcalde Xosé Lois Maceda e a […]

Volve o Ciclo Mestre Mateo con dez proxeccións entre xullo e outubro

O ciclo arranca este domingo 20 co documental Prefiro condenarme de Margarita Ledo O Ciclo Mestre Mateo volve este 2025 á Pobra do Brollón grazas á Academia Galega do Audiovisual co apoio da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello. O ciclo xa vai por catro edicións levando o cinema […]

A terceira edición de Brindadeira celébrase en Ferreiros o 19 e 20 de xullo

A parroquia de Ferreiros na Pobra do Brollón volve ser escenario de brindo este sábado 19 e domingo 20 de xullo. Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar a tradición do brindo, un xénero de improvisación oral cantada propio de terras da Pobra do Brollón, así como doutras […]

Celebramos o Orgullo Guímaro o venres 27 de xuño

O Concello da Pobra do Brollón adiántase un día á celebración do Orgullo LGTBIQ+ marcada no calendario internacional para o 28 de xuño. A celebración do Orgullo guímaro comezará ás 20:00 horas do venres 27 de xuño coa inauguración da exposición ‘Saír da norma’, que afondará no concepto de diversidade sexual e de xénero e […]