982 430 001

Atención ciudadana

Xornadas avanzadas ao coñecemento do viño

O Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra – Courel, ao que pertence o concello da Pobra do Brollón, está a desenvolver nos diferentes concellos do grupo unhas xornadas avanzadas ao coñecemento do viño. No concello da Pobra a actividade desenvolverase este venres día 30 e o luns 3 de decembro na casa da cultura Olga Novo. […]

A Pobra do Brollón contra a violencia machista

O Concello da Pobra do Brollón súmase ao Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller que se conmemora anualmente o 25 de Novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. Por tal motivo colocaremos mañá pola mañá unha pancarta conmemorativa na casa […]

Camiñando da man de Puri de Vilachá, entre Vilachá e Augasmestas

Este domingo día 25 de novembro celébrase unha andaina outoniza, organizada polo Concello da Pobra do Brollón. Nesta ocasión camiñaremos da man de Puri de Vilachá para facer a ruta Vilachá – Augasmestas. A saída será ás 10.00 da mañá das adegas de Vilachá. Farase un percorrido liñal de 8 km.  A andaina ten unha dificultade media e é un tramo do PR 157 Doade-Augasmestas, que […]

X Concurso de Tapas, do 30 de novembro ao 7 de decembro

O Concello da Pobra do Brollón organiza o X Concurso de Tapas da Pobra do Brollón. Poderán concursar todos os establecementos de hostalería e bares do municipio. Este ano concursan os seguintes establecementos: A SALANOVA (Salcedo)     CANTINA DE JULIA (Salcedo)    LA VIEJA TABERNA BAR AVENIDA BAR O PIRATA O FOGÓN (Cereixa) O concurso desenvolverase entre o […]

As pegadas do tempo na Ferreirúa con Noelia do Castor

Este domingo día 18 de novembro celébrase a V andaina outoniza que organiza o Concello da Pobra do Brollón. Nesta ocasión será Noelia do Castor a que nos introduza nas pegadas do tempo na Ferreirúa remexendo a memoria co amor e coa paisaxe. A saída será ás 10.00 da mañá de diante do local social da Ferreirúa. Farase […]

O Clube Guímaro Motor celebrou a súa Xornada Verde recollendo lixo no municipio

Desde e o seu nacemento, Guímaro Motor, colabora no coidado dos nosos montes.  Na pasada fin de semana celebraron a xornada verde, xornada que adican íntegramente a recoller lixo e vertedoiros que teñen controlados de cando andan polos montes. Neste ocasión recolleron, principalmente, pola contorna de Salcedo e Saa. Ata seis remolques de lixo de todo […]

Curso formativo para coidadores de persoas con demencias

  O curso terá lugar na casa da cultura Olga Novo, os días 7 e 9 de novembro en horario de 16:00 a 20:00 horas. Este curso formativo ten como obxectivo posibilitar aos coidadores unha formación adicional, obter o seu recoñecemento, así coma unha acreditación da súa competencia na atención sociosanitaria no fogar a persoas con demencias. […]

Interésache a micoloxía?

O Concello da Pobra do Brollón organiza para o día 1 de novembro unha xornada micolóxicaimpartida por Carlos Pérez Álvarez, Técnico Superior na Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos. A actividade comezará ás 9.30 cunha charla formativa. Ás 10.30 sairase ao campo para a busca e recollida guiadas. Ás 14.00 celebrarase un xantar campestre e […]

Visitas Outonizas

Dende o Concello da Pobra do Brollón organízanse, como complemento ás Andainas Outonizas, as Visitas Outonizas que se desenvolverán todos os Sábados a partires do 21 deste mes de outubro e ata o 2 de decembro. A Cova das Choias será un dos recursos elixidos para estas visitas. As saídas serán ás 11:00h dende diante do […]