24, 25 e 26 de abril servizo de ITV para vehículos agrícolas

O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, comunica a través dun bando que os días 24, 25 e 26 de abril se desprazará ao Concello unha Unidade Móbil da ITV para realizar a Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas. A Unidade instalarase na pista que vai ao Campo de Fútbol e terá o seguinte […]
Cea o día 8 para celebrar o Día Internacional da Muller

O Concello da Pobra do Brollón organiza unha cea para mulleres o 8 de marzo, co obxectivo de celebrar o Día Internacional da Muller. A cita será no restaurante O Fogón a partir das 21.00 horas. Para participar, as interesadas deberán de inscribirse na biblioteca municipal antes do día 6 de marzo O menú da cita […]
1ª proba de “jaurías” sobre xabaril salvaxe

A Sociedade Canina Galega e o Clube de Cazadores da Pobra do Brollón, organizan na Pobra do Brollón a 1ª proba de “jaurías” sobre xabaril salvaxe, que se desenvolverá os días 29, 30 e 31 de marzo. As persoas interesadas en participar teñen de prazo para inscribirse ata o 1 de marzo. Poden inscribirse a través […]
A vindeira semana comeza a actividade de ximnasia nas parroquias

Dentro do programa Conciénciate, para o fomento do envellecemento activo, o Concello da Pobra do Brollón ten en marcha os talleres de manualidades nas parroquias e a vindeira semana comezan as clases de ximnasia, dacordo co seguinte calendario:
A licitación da residencia da Pobra do Brollón amplíase en 200.000 euros ata completar 1.800.000 euros

O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, vén de emitir un decreto, que terá que ser aprobado en pleno, no que se modifica o convenio coa Deputación Provincial de Lugo para acometer a residencia. No primeiro convenio, asinado o pasado ano, estaba previsto licitar a residencia por 1.600.000 euros, pero unha vez completado […]
Alerta laranxa por vento

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por VENTOS con refachos de ata 110 km/h (W e SW) que afectará a A Coruña (NW, W, e SW) Lugo ( A Mariña) e Pontevedra (Rias Baixas). Comezando as 00:00 h do día 01/02/2019 e prolongándose ata a maña do mesmo día. Así mesmo con VENTOS con refachos de ata 100 […]
A Auga do Mollón para conectar historias na Pobra do Brollón

A revista municipal A Auga do Mollón presentábase na tarde deste mércores contando coa participación dos colaboradores na iniciativa nun acto de posta en valor da identidade propia. A Auga do Mollón nace, no seu primeiro número, cunha tirada de 1.000 exemplares e unha periodicidade semestral. Ao longo dunha trintena de páxinas recolle unha ampla editorial do porque […]
O alcalde da Pobra do Brollón califica de insidias as informacións feitas públicas polo voceiro do PSOE no concello

Ante as insidias feitas públicas na prensa polo voceiro do PSOE do concello da Pobra do Brollón, esta alcaldía quere puntualizar o seguinte: 1) Non é certo que haxa preto de 200 preguntas sen resposta. As preguntas orais feitas nos plenos respóndense habitualmente no mesmo pleno, e das presentadas por escrito, salvo erro ou esquecemento […]
Rematado o acondicionamento e humanización da Avda de Outeiro

O principal acceso á capitalidade municipal da Pobra do Brollón faise a través da Avda de Outeiro. Nos últimos dous anos esta vía foi obxecto de obras, dentro dunha estratexia global de acondicionamento e humanización do viario do núcleo urbano. No caso concreto destas actuacións buscábase rematar coa fractura urbana que se creaba entre a Avda de Galicia e […]
Recoñecemento da Pobra do Brollón ao físico nuclear e veciño da Ferreirúa, José Luis Rodríguez Sánchez

O salón de plenos do Concello da Pobra do Brollón acollía o acto de recoñecemento ao investigador da Universidade de Santiago de Compostela e veciño do Concello, José L. Rodríguez Sánchez. Este mozo da Ferreirúa é un recoñecido físico nuclear, que foi premiado pola Sociedade Europea de Física pola súa tese sobre a fisión nuclear; e a división de Física Nuclear da Sociedade […]
