Creando comunidade coas actividades turístico-culturais desenvoltas no Concello da Pobra do Brollón

A potenciación dos recursos propios foi un dos obxectivos principais do equipo de goberno da Pobra do Brollón neste 2018. No verán desenvolvéranse as visitas guiadas ao Castro de San Lourenzo, Cova das Choias, polos tempos de María Castaña, Vilachá e Repil, a fuxida dun guerrilleiro. Nos meses de finais de ano, máis complicados climatolóxicamente e onde […]
Xornadas avanzadas ao coñecemento do viño

O Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra – Courel, ao que pertence o concello da Pobra do Brollón, está a desenvolver nos diferentes concellos do grupo unhas xornadas avanzadas ao coñecemento do viño. No concello da Pobra a actividade desenvolverase este venres día 30 e o luns 3 de decembro na casa da cultura Olga Novo. […]
A Pobra do Brollón contra a violencia machista

O Concello da Pobra do Brollón súmase ao Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller que se conmemora anualmente o 25 de Novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. Por tal motivo colocaremos mañá pola mañá unha pancarta conmemorativa na casa […]
Camiñando da man de Puri de Vilachá, entre Vilachá e Augasmestas

Este domingo día 25 de novembro celébrase unha andaina outoniza, organizada polo Concello da Pobra do Brollón. Nesta ocasión camiñaremos da man de Puri de Vilachá para facer a ruta Vilachá – Augasmestas. A saída será ás 10.00 da mañá das adegas de Vilachá. Farase un percorrido liñal de 8 km. A andaina ten unha dificultade media e é un tramo do PR 157 Doade-Augasmestas, que […]
X Concurso de Tapas, do 30 de novembro ao 7 de decembro

O Concello da Pobra do Brollón organiza o X Concurso de Tapas da Pobra do Brollón. Poderán concursar todos os establecementos de hostalería e bares do municipio. Este ano concursan os seguintes establecementos: A SALANOVA (Salcedo) CANTINA DE JULIA (Salcedo) LA VIEJA TABERNA BAR AVENIDA BAR O PIRATA O FOGÓN (Cereixa) O concurso desenvolverase entre o […]
As pegadas do tempo na Ferreirúa con Noelia do Castor

Este domingo día 18 de novembro celébrase a V andaina outoniza que organiza o Concello da Pobra do Brollón. Nesta ocasión será Noelia do Castor a que nos introduza nas pegadas do tempo na Ferreirúa remexendo a memoria co amor e coa paisaxe. A saída será ás 10.00 da mañá de diante do local social da Ferreirúa. Farase […]
O Clube Guímaro Motor celebrou a súa Xornada Verde recollendo lixo no municipio

Desde e o seu nacemento, Guímaro Motor, colabora no coidado dos nosos montes. Na pasada fin de semana celebraron a xornada verde, xornada que adican íntegramente a recoller lixo e vertedoiros que teñen controlados de cando andan polos montes. Neste ocasión recolleron, principalmente, pola contorna de Salcedo e Saa. Ata seis remolques de lixo de todo […]
Curso formativo para coidadores de persoas con demencias

O curso terá lugar na casa da cultura Olga Novo, os días 7 e 9 de novembro en horario de 16:00 a 20:00 horas. Este curso formativo ten como obxectivo posibilitar aos coidadores unha formación adicional, obter o seu recoñecemento, así coma unha acreditación da súa competencia na atención sociosanitaria no fogar a persoas con demencias. […]
Interésache a micoloxía?

O Concello da Pobra do Brollón organiza para o día 1 de novembro unha xornada micolóxicaimpartida por Carlos Pérez Álvarez, Técnico Superior na Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos. A actividade comezará ás 9.30 cunha charla formativa. Ás 10.30 sairase ao campo para a busca e recollida guiadas. Ás 14.00 celebrarase un xantar campestre e […]
Visitas Outonizas

Dende o Concello da Pobra do Brollón organízanse, como complemento ás Andainas Outonizas, as Visitas Outonizas que se desenvolverán todos os Sábados a partires do 21 deste mes de outubro e ata o 2 de decembro. A Cova das Choias será un dos recursos elixidos para estas visitas. As saídas serán ás 11:00h dende diante do […]
