982 430 001

Atención ciudadana

A Pobra do Brollón destitúe a Franco como “alcalde honorario perpetuo”

Un pleno extraordinario celebrado na tarde de onte venres 18 de novembro acordou retirar o título de ‘alcalde honorario perpetuo’ da Pobra do Brollón ao ditador Francisco Franco.  “Parécenos intolerable que aínda a día de hoxe queden títulos deste tipo para un xenocida, un asasino e un ditador que o único que fixo foi represaliar e asasinar […]

A Pobra do Brollón retirará a Franco o título de “alcalde honorario perpetuo”

Este venres 18 celebrarase unha sesión extraordinaria do Pleno do Concello da Pobra do Brollón para retirar o título de “alcalde honorario perpetuo” ao ditador Francisco Franco.  A corporación municipal tomou a decisión nada máis ter constancia do título, tras atopar recentemente a acta que así o certifica dende o ano 1967.  No Pleno tamén […]

Continúa a difusión da campaña de compostaxe doméstica

O vindeiro venres, día 11 de novembro, de 10:30 a 13:30 h, habilitarase na Avda. de Galicia un posto informativo, atendido por monitores ambientais especialistas en xestión sostible dos residuos para que os veciños e veciñas do termo municipal se poidan informar e inscribir na campaña. Esta acción complementa á xa desenvolvida o 25 de […]

Nova campaña de compostaxe doméstica na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón colocará o vindeiro martes día 25 de outubro na Praza da Peza (ao carón da casa do concello), en horario de 11:00 a 13:00h, unha carpa informativa a fin de que os veciños e veciñas do termo municipal interesados en participar na campaña de compostaxe doméstica se poidan informar […]

Xornada informativa sobre servizos financeiros e bancarios

Como persoas consumidoras de produtos bancarios enfrontámonos a diario a conceptos e situacións complexas.  Unha educación financeira accesible reduce os riscos de exclusión e alenta ás consumidoras e consumidores a planificar, contribuíndo tamén desta maneira a dar a coñecer a conta de pago básica e a evitar o sobreendebedamento. Para informarte e asesorarte en materia […]

Investigan os factores detrás da lonxevidade das persoas maiores da Pobra do Brollón

Investigadores da Fundación Matrix, ligada á Universidade de Vigo, está a desenvolver estes días na Pobra do Brollón un estudo do Programa MAYORSIG. O obxectivo é identificar os factores determinantes dunha maior lonxevidade poboacional e calidade de vida das persoas maiores. Entre os días 3 e 7 de outubro, realizarase traballo de campo a través […]

Regresa ‘Coñece o teu camiño, paso a paso’ no mes de outubro

O Concello da Pobra do Brollón retoma ‘Coñece o teu Camiño, paso a paso’, unha proposta para que veciños e veciñas da Pobra do Brollón poidan completar o Camiño de Inverno. A iniciativa iniciouse en 2019, dentro do plan O Teu Xacobeo da Xunta, co obxectivo de percorrer o Camiño dende Nocedo ata Santiago en […]

Arranca un novo obradoiro dual de emprego para acondicionar zonas verdes

Comeza unha nova edición do Obradoiro dual de Emprego ‘A Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio’. O acto de presentación foi celebrado onte na Casa da Cultura da Pobra do Brollón, o concello promotor da presente edición do obradoiro, tras asinar convenio con Bóveda e O Incio.  Participaron na presentación os alcaldes Xosé Lois Maceda (A Pobra […]