A Pobra do Brollón destitúe a Franco como “alcalde honorario perpetuo”

Un pleno extraordinario celebrado na tarde de onte venres 18 de novembro acordou retirar o título de ‘alcalde honorario perpetuo’ da Pobra do Brollón ao ditador Francisco Franco. “Parécenos intolerable que aínda a día de hoxe queden títulos deste tipo para un xenocida, un asasino e un ditador que o único que fixo foi represaliar e asasinar […]
XIII Concurso de Tapas da Guimaralia: Bases de Participación

A XIII edición do Concurso de Tapas da Guimaralia terá lugar do 2 ao 9 de decembro de 2022 na Pobra do Brollón. Descarga as bases nesta ligazón.
A Pobra do Brollón retirará a Franco o título de “alcalde honorario perpetuo”

Este venres 18 celebrarase unha sesión extraordinaria do Pleno do Concello da Pobra do Brollón para retirar o título de “alcalde honorario perpetuo” ao ditador Francisco Franco. A corporación municipal tomou a decisión nada máis ter constancia do título, tras atopar recentemente a acta que así o certifica dende o ano 1967. No Pleno tamén […]
Sesión extraordinaria do Pleno para retirar o título de ‘alcalde honorario perpetuo’ a Franco

Este venres 18 de novembro ás 20:00 celebrarase unha sesión extraordinaria do Pleno do Concello para retirar o título de “alcalde honorario perpetuo” ao dictador Francisco Franco, unha distinción que se lle concedeu no ano 1967. Na sesión tamén se fará un recoñecemento persoal de quen foi alcalde democrático en funcións no ano 1936, D. Antonio […]
Continúa a difusión da campaña de compostaxe doméstica

O vindeiro venres, día 11 de novembro, de 10:30 a 13:30 h, habilitarase na Avda. de Galicia un posto informativo, atendido por monitores ambientais especialistas en xestión sostible dos residuos para que os veciños e veciñas do termo municipal se poidan informar e inscribir na campaña. Esta acción complementa á xa desenvolvida o 25 de […]
Nova campaña de compostaxe doméstica na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón colocará o vindeiro martes día 25 de outubro na Praza da Peza (ao carón da casa do concello), en horario de 11:00 a 13:00h, unha carpa informativa a fin de que os veciños e veciñas do termo municipal interesados en participar na campaña de compostaxe doméstica se poidan informar […]
Xornada informativa sobre servizos financeiros e bancarios

Como persoas consumidoras de produtos bancarios enfrontámonos a diario a conceptos e situacións complexas. Unha educación financeira accesible reduce os riscos de exclusión e alenta ás consumidoras e consumidores a planificar, contribuíndo tamén desta maneira a dar a coñecer a conta de pago básica e a evitar o sobreendebedamento. Para informarte e asesorarte en materia […]
Investigan os factores detrás da lonxevidade das persoas maiores da Pobra do Brollón

Investigadores da Fundación Matrix, ligada á Universidade de Vigo, está a desenvolver estes días na Pobra do Brollón un estudo do Programa MAYORSIG. O obxectivo é identificar os factores determinantes dunha maior lonxevidade poboacional e calidade de vida das persoas maiores. Entre os días 3 e 7 de outubro, realizarase traballo de campo a través […]
Regresa ‘Coñece o teu camiño, paso a paso’ no mes de outubro

O Concello da Pobra do Brollón retoma ‘Coñece o teu Camiño, paso a paso’, unha proposta para que veciños e veciñas da Pobra do Brollón poidan completar o Camiño de Inverno. A iniciativa iniciouse en 2019, dentro do plan O Teu Xacobeo da Xunta, co obxectivo de percorrer o Camiño dende Nocedo ata Santiago en […]
Arranca un novo obradoiro dual de emprego para acondicionar zonas verdes

Comeza unha nova edición do Obradoiro dual de Emprego ‘A Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio’. O acto de presentación foi celebrado onte na Casa da Cultura da Pobra do Brollón, o concello promotor da presente edición do obradoiro, tras asinar convenio con Bóveda e O Incio. Participaron na presentación os alcaldes Xosé Lois Maceda (A Pobra […]
