982 430 001

Atención ciudadana

Volve o servizo ‘Coidados Porta a Porta’ do 22 ao 24 de febreiro

‘Coidados porta a porta’ é un programa da Consellería de Política Social para ofrecer consultas gratuítas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a maiores de 55 anos. Para ofrecer o servizo, instalarase un bus varios días na Pobra do Brollón, con profesionais de cada especialidade. O bus estará na área recreativa Samugueiros os días 22, […]

Sesión informativa para facilitar trámites coa Administración

O martes 24 de xaneiro ás 10:15, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ acollerá unha sesión informativa para facilitar os trámites e xestións coa Administración xeral do Estado. Entre os asuntos a tratar, ofrecerase axuda a quen desexe obter medios dixitais de firma como son o certificado dixital e o sistema Cl@ve, que dan acceso […]

Sesión formativa sobre eficiencia enerxética este venres 13

Este venres 13 de 10:00 a 11.30 horas na Casa de Cultura ‘Olga Novo’, terá lugar unha sesión formativa con Naturgy sobre eficiencia enerxética. Trataranse os seguintes asuntos: Comprensión da factura da luz e gas, así como a súa optimización segundo as necesidades de cada familia. Pequenos cambios nas vivendas para obter un aforro enerxético (no caso […]

A Cabalgata dos Reis Magos percorrerá A Pobra

Este xoves 5 de xaneiro os Reis Magos, acompañados polos gaiteiros da Escola municipal de Música Samoeiro, percorrerán as rúas da Pobra do Brollón. Sairán ás 16:30 do Centro de Día. A cabalgata rematará na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, coa entrega dos premios do Concurso de Tapas, e dos Certames de Poesía e de Postais de Nadal. Tamén haberá […]

Proxecto Ilumin@

“Unha maneira de facer Europa” Cofinanciado nun 80% polo FEDER PROXECTO  ILUMIN@: Actuación cofinanciada nun 80% polo Programa de Subvencións para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, asumindo o restante 20% a Deputación de Lugo con fondos propios. DESCRICIÓN […]

2022 na Guimaralia

Neste Ano Vello botamos a vista atrás e recompilamos todo o bo que vivimos na Pobra do Brollón este 2022 grazas a todas as guímaras e guímaros. Xa estamos pensando en como queremos que sexa o vídeo de Ano Vello de 2023. Imos alá!

Prazas libres en ximnasia, ioga e pilates a partir de xaneiro 2023

Quedan prazas libres nas clases de ximnasia, ioga e pilates organizadas polo Concello da Pobra do Brollón, com comezo en xaneiro de 2023.  Os horarios son: Ximnasia. Martes e xoves. Grupo 1 ás 19:00. Grupo 2 ás 20:00. Pilates. Venres ás 17:00. Ioga. Martes e xoves ás 10:30. Mércores ás 19:30. Para información e inscricións, poden contactar no teléfono 982 430 […]

Saneamento da aldea modelo de Parada dos Montes

Agader concedeu ao Concello da Pobra do Brollón unha subvención para o proxecto solicitado ao abeiro da RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2021, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo e ámbitos territoriais vinculados aos instrumentos de recuperación […]

Comeza unha nova edición do Concurso de Tapas da Guimaralia

Este venres comeza na Pobra do Brollón a edición XIII do Concurso de Tapas da Guimaralia. Ata o día 9 poderanse probar as propostas dos oito bares participantes, repartidos por todo o municipio. Catro locais participan na propia Pobra do Brollón – Avenida, A Vella Taberna, O Primeiro de Maio e O Pirata; dous en Salcedo, […]

Plan Único de cooperación cos concellos 2022

O Concello da Pobra do Brollón participa no Plan único de cooperación cos concellos para o ano 2022, consonte ás bases aprobadas pola Deputación de Lugo.  A cantidade asignada ao municipio con cargo a este plan repartiuse entre investimentos, programas de SAF, fomento de emprego, promoción cultural,  promoción turística local, administración electrónica e protección de datos e gastos […]