982 430 001

Citizen attention

Información sobre o aforro de auga

Tendo en conta a época estival na que nos atopamos e ante a previsión de escaseza de auga pola seca, en aplicación do disposto na Ordenanza Fiscal nº 2.07ª reguladora da taxa polo subministro de auga, non se poderá facer uso da auga procedente da subministración municipal para: O rego de hortas e xardíns. Encher […]

Suspendidas as labores de desbroce con tractor debido ao alto risco de incendio

Tendo en conta o alto risco de incendios forestais e vista a situación en Galicia nestes últimos días, quedan suspendidas esta semana as labores de desbroce con tractor por parte do Concello da Pobra do Brollón. Calquera particular que realice estas labores debe ter en conta o regulado no artigo 39 da Lei 3/2007, 9 […]

O servizo de recollida domiciliaria de residuos voluminosos comezará a mediados de agosto

O Concello da Pobra do Brollón levará a cabo, de xeito escalonado, un servizo extraordinario e gratuíto de recollida domiciliaria de residuos voluminosos polas parroquias. O servizo comezará a mediados do mes de agosto. Para solicitar a recollida deben chamar ao teléfono 982 430 001 de luns a venres de 9:00 a 13:00, indicando o nome, teléfono, enderezo, […]

Este verán volve o Mercado Circular os días de feira

Volve o Mercado Cirular para promover o consumo local, xusto e sostible. O mercado instálase na Praza da Peza os días de feira de verán na Pobra do Brollón. Concretamente, estará os días 25 de xullo, o 11 e 25 de agosto e o 11 de setembro.   Está aberto a persoas que queiran vender algo […]

Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2025

O Concello da Pobra do Brollón participa no Plan Deputación de Cooperación cos Concellos para o ano 2025, consonte ás bases aprobadas pola Deputación de Lugo.  A cantidade asignada ao municipio con cargo a este plan repartiuse entre investimentos, programas de Servizo de Axuda no Fogar, reforzo de emprego, actividades culturais, actividades deportivas, actuacións turísticas, e administración electrónica e protección […]

Viaxes á praia Verán 2025

O Concello da Pobra do Brollón organiza viaxes á praia en catro domingos de xullo e agosto: o 20 de xullo a Samil, o 27 de xullo a Viveiro, o 3 de agosto a Miño e o 17 de agosto, novamente a Samil. As saídas son diante do Concello ás 8:00 horas da mañá. Aconséllase […]

Manifesto polo Día do Orgullo

En pleno 2025, Hungría converteuse no primeiro país do mundo democrático en prohibir as marchas do Orgullo, mentres outros países como Polonia ou Bulgaria, continúan coas súas políticas discriminatorias. Tamén no estado español, hai concellos que vetan as bandeiras do arco da vella, poñen trabas a unha educación afectiva e sexual inclusiva e espallan os […]

Déixate Guiar: Visitas guiadas de natureza e arqueoloxía Verán 2025

‘Déixate guiar’ é o programa de visitas guiadas de verán do Concello da Pobra do Brollón, cunha oferta de catro visitas: Penas do Castelo, Cova das Choias, Castro de San Lourenzo e Adegas e Miradoiro de Vilachá. As visitas ofrécense dende o 21 de xullo ao 14 de setembro, nos seguintes horarios:  Castro de San Lourenzo: Luns 18h […]

Catástrofe humanitaria en Gaza: Declaración do Concello da Pobra do Brollón

Hai máis dun ano que o mundo é testemuña dun grao inconcibible de morte e destrución na Franxa de Gaza ocupada. O brutal ataque de Israel contra a poboación palestina de Gaza matou a decenas de miles de persoas, a maioría civís, incluídos nenos e nenas. Israel está a arrasar barrios residenciais, destruír infraestruturas críticas […]