982 430 001

Citizen attention

PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS DE TITULARIDADE MUNICIPAL 2025-2026

O Concello da Pobra do Brollón participou no Plan Camiña Rural 2025-2026 (Código procedemento MR701E) cofinanciado con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia regulado mediante Resolución do 30 de decembro de 2024 asinada pola directora xeral de Agader (DOG núm. 19, do 29 de xaneiro de 2025). Dito Plan foi aprobado mediante Resolución da […]

Ábrese a convocatoria de postos para o Mercado Circular Edición Nadal

O Mercado Circular é unha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón para fomentar o consumo local e sostible. A edición Nadal do Mercado terá lugar o domingo 28 de decembro, con postos de artesanía, produtos da terra e segunda man. Será na Casa da Cultura a partir das 16:00 horas.  A convocatoria para poñer […]

Concentración e manifesto polo 25N

O vindeiro martes 25N ás 12:00h concentrarémonos diante do Concello para ler o manifesto polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Dende a Concellaría de Igualdade anímase a achegarse a quen queira e poida para manifestarmos o noso repudio ante calquera tipo de agresión machista.  

Saída a Xinzo de Limia no marco da iniciativa ‘Bancada Feminina’

‘Bancada feminina’ é unha nova iniciativa da Concellaría de Igualdade do Concello da Pobra do Brollón para visibilizar o colectivo feminino do C.D. Brollón.   A primeira acción será este domingo 23 cunha saída a Xinzo de Limia para ver o partido C.D. Brollón – Antela FC B.   É unha actividade aberta, previa reserva […]

O 26 de outubro celebraremos a XV Xuntanza de Veciñas e Veciños

O vindeiro domingo 26 de outubro de 2025, volveremos reunirnos na XV Xuntanza de Veciñas e Veciños da Pobra do Brollón. Con esta xuntanza propoñemos pasar un día de lecer e convivencia en compañía dos nosos veciños e veciñas guímaros. Será unha xornada completa na que celebraremos un xantar popular, amenizado con música e sorteos de […]

Información sobre posibles cortes de auga do 22 ao 26 de setembro

Dende o 22 ata o 26 de setembro vaise proceder á limpeza do vaso azud da presa de Loureiro. Por este motivo o subministro de auga pode verse interrompido en algún momento e ademais pode ser que a auga que chegue ás nosas billas saia con algo de turbidez. Neste último caso recomendamos non facer […]

Abre o prazo de matrícula para as actividades deportivas do curso 2025-26

O prazo de matrícula nas actividades deportivas do Concello da Pobra do Brollón para o curso 2025-26 estará aberto ata o 26 de setembro. Debe realizarse nas oficinas de Servizos Sociais, en horario de 9:30 a 14:00 (Casa da Cultura ‘Olga Novo’, primeiro andar. 982 430 447). O prezo para as clases dun día á […]

Extinguido o incendio forestal iniciado en Abrence o luns 25 de agosto

Extinguido o incendio forestal iniciado na parroquia de Abrence o pasado luns 25 de agosto. Medio Rural anunciou a súa extinción na tarde do sábado 30 de agosto, tras afectar unha superficie de 1.107,24 hectáreas dos municipios da Pobra do Brollón e Quiroga, das cales 1.057,24 se corresponden con monte arborado e o resto de […]