Comeza unha nova recollida de plásticos agrícolas a partir do 5 de marzo

O Concello da Pobra do Brollón pon ao dispor dos agricultores e gandeiros do municipio unha rede de puntos de acopio para plásticos agrícolas, que son recollidos polo propio Concello. Infórmase de que o vindeiro día 5 de marzo comeza unha nova recollida de plásticos agrícolas, o que se pon en coñecemento dos/as usuarios/as para que […]
A unidade móbil da ITV de vehículos agrícolas estará na Pobra o 26 de marzo e o 6 e 7 de abril

A Unidade Móbil para realizar a inspección técnica de vehículos agrícolas estará na Pobra do Brollón os días 26 de marzo e 6 e 7 de abril de 2026. A Unidade Móbil estará situada na pista que vai ao campo de fútbol de 09:00h a 13:30 h. Ademais, o día 6 de abril tamén estará pola […]
Recomendación sobre o consumo de auga na zona de abastecemento de Barxa de Lor

Observando que o río Lor, do cal se capta a auga para a zona de abastecemento de Barxa de Lor, por culpa das chuvias que estamos a sufrir nos últimos días vén con moito lodo, vémonos ante a imposibilidade de garantir unha óptima calidade da auga de consumo. Dende o Concello da Pobra do Brollón […]
A mostra ‘Fontes de solidariedade’ xa se pode visitar no exterior do colexio da Pobra do Brollón

A mostra ‘Fontes de solidariedade’ dá a coñecer iniciativas de cooperación en países da África lusófona, como dotar de auga potable as aldeas de Guinea-Bissau, fomentar a agricultura en Cabo Verde ou previr os ataques dos crocodilos en Mozambique. Son proxectos impulsados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que forma parte o Concello […]
Melloras na acústica e na eficiencia enerxética das aulas da Escola municipal de Música

A Escola municipal de Música ‘Samoeiro’ conta agora cunhas aulas con mellor acústica e illamento. Instaláronse nas aulas uns paneis e cortinas absorbentes acústicos para controlar as reverberacións do son que estaban dificultando gravemente a práctica de instrumentos musicais. Por outra banda, renováronse as ventás dotándoas de dobre cristal illante e persianas para eliminar o […]
Relánzase o proceso de creación dunha Comunidade Enerxética na Pobra do Brollón

O pasado martes 13 acollemos na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ un encontro para relanzar o proceso de creación dunha Comunidade Enerxética na Pobra do Brollón. A Comunidade Enerxética baséase na enerxía renovable e no autoconsumo colectivo. O obxectivo é transitar cara a un modelo máis sostible, democrático e resiliente que se traduciría nun aforro […]
O equipo de axentes ambientais retoma a atención ao público no Concello

O equipo de axentes ambientais adscritos ao Distrito VIII-Terra de Lemos retoma a atención aos cidadáns e cidadás todos os mércores de 11:00 a 13:00h na Casa do Concello da Pobra do Brollón. O equipo, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención ao público de xeito altruísta sobre todo tipo de temas relacionados coa xestión […]
Charla sobre o avance na creación dunha comunidade enerxética na Pobra do Brollón

Este martes 13 de xaneiro terá lugar unha charla sobre o avance na creación dunha comunidade enerxética na Pobra do Brollón. Será na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ ás 20:00 horas e é aberta a toda a veciñanza que desexe acudir. As comunidades enerxéticas son agrupacións para a produción de enerxía renovable para uso propio, […]
Volven os mércores de manualidades para pacientes oncolóxicos e familiares

Volven á Pobra do Brollón os talleres de manualidades para pacientes oncolóxicos e familiares. A actividade será todos os mércores a partir do 7 de xaneiro de 17:00 a 19:00 horas, na Biblioteca municipal ‘Antonio Reboiro’. Para participar hai que inscribirse nos teléfonos 651043792 ou 900100036, ou no correo electrónico lugo@contraelcancer.es. É unha actividade organizada […]
A Pobra do Brollón acolle dous cursos de habilidades tecnolóxicas do programa ‘E para Dixitalizarse, Lugo’

O programa formativo ‘E para Dixitalizarse, Lugo’ ofrece na Pobra do Brollón dous cursos co obxectivo de capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas. A través de accións formativas presenciais gratuítas as persoas participantes terán orientación para a aprendizaxe das TIC para mellorar a súa vida cotiá. Serán dous cursos que terán lugar ao longo de xaneiro de 2026 en […]
