982 430 001

Atención cidadá

Comeza unha nova recollida de plásticos agrícolas a partir do 5 de marzo

O Concello da Pobra do Brollón pon ao dispor dos agricultores e gandeiros do municipio unha rede de puntos de acopio para plásticos agrícolas, que son recollidos polo propio Concello. Infórmase de que o vindeiro día 5 de marzo comeza unha nova recollida de plásticos agrícolas, o que se pon en coñecemento dos/as usuarios/as para que […]

Melloras na acústica e na eficiencia enerxética das aulas da Escola municipal de Música

A Escola municipal de Música ‘Samoeiro’ conta agora cunhas aulas con mellor acústica e illamento. Instaláronse nas aulas uns paneis e cortinas absorbentes acústicos para controlar as reverberacións do son que estaban dificultando gravemente a práctica de instrumentos musicais. Por outra banda, renováronse as ventás dotándoas de dobre cristal illante e persianas para eliminar o […]

Relánzase o proceso de creación dunha Comunidade Enerxética na Pobra do Brollón

O pasado martes 13 acollemos na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ un encontro para relanzar o proceso de creación dunha Comunidade Enerxética na Pobra do Brollón. A Comunidade Enerxética baséase na enerxía renovable e no autoconsumo colectivo. O obxectivo é transitar cara a un modelo máis sostible, democrático e resiliente que se traduciría nun aforro […]

O equipo de axentes ambientais retoma a atención ao público no Concello

O equipo de axentes ambientais adscritos ao Distrito VIII-Terra de Lemos retoma a atención aos cidadáns e cidadás todos os mércores de 11:00 a 13:00h na Casa do Concello da Pobra do Brollón.  O equipo, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención ao público de xeito altruísta sobre todo tipo de temas relacionados coa xestión […]

Charla sobre o avance na creación dunha comunidade enerxética na Pobra do Brollón

Este martes 13 de xaneiro terá lugar unha charla sobre o avance na creación dunha comunidade enerxética na Pobra do Brollón. Será na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ ás 20:00 horas e é aberta a toda a veciñanza que desexe acudir. As comunidades enerxéticas son agrupacións para a produción de enerxía renovable para uso propio, […]

Volven os mércores de manualidades para pacientes oncolóxicos e familiares

Volven á Pobra do Brollón os talleres de manualidades para pacientes oncolóxicos e familiares. A actividade será todos os mércores a partir do 7 de xaneiro de 17:00 a 19:00 horas, na Biblioteca municipal ‘Antonio Reboiro’. Para participar hai que inscribirse nos teléfonos 651043792 ou 900100036, ou no correo electrónico lugo@contraelcancer.es. É unha actividade organizada […]

A Pobra do Brollón acolle dous cursos de habilidades tecnolóxicas do programa ‘E para Dixitalizarse, Lugo’

O programa formativo ‘E para Dixitalizarse, Lugo’ ofrece na Pobra do Brollón dous cursos co obxectivo de capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas. A través de accións formativas presenciais gratuítas as persoas participantes terán orientación para a aprendizaxe das TIC para mellorar a súa vida cotiá. Serán dous cursos que terán lugar ao longo de xaneiro de 2026 en […]