A Xunta concreta e amplía as medidas de prevención para conter o contaxio do coronavirus

O domingo publicáronse novas medidas para conter o contaxio do coronavirus covid-19 e que xa están en vigor. Podes consultar o texto completo no DOG. Aquí resumimos as medidas que máis poden afectar á nosa veciñanza. Estas medidas súmanse ás publicadas o venres trala declaración da situación de emerxencia sanitaria en Galicia e as medidas resultantes […]
Como nos atinxe o estado de alarma decretado polo Goberno central

O Goberno de España decretou este sábado o estado de alarma por un período de 15 días para facer fronte á expansión do coronavirus COVID-19. Aquí facemos un resumo do contido do decreto. Podes consultar o texto enteiro publicado no BOE. O Goberno central asume o mando único de todo o territorio español. O cumprimento […]
Como nos afecta a situación de emerxencia sanitaria declarada pola Xunta

A Xunta activou onte 13 de marzo a situación de emerxencia sanitaria en Galicia como consecuencia da evolución da epidemia do Coronavirus. Co obxectivo de que o Covid-19 avance con menor progresión, xa está en marcha unha serie de medidas que se resumen a continuación. Suspéndese durante 14 días a actividade de establecementos abertos ao […]
Medidas adoptadas polo Concello para evitar a propagación do Coronavirus

Fronte á situación sanitaria orixinada polo virus COVID-19, o Concello da Pobra do Brollón establece unha serie de medidas para minimizar a propagación do mesmo, en consonancia coas medidas e as recomendacións do Goberno central e da Xunta de Galicia. Todas as medidas aplicaranse dende o día de hoxe venres 13 ata como mínimo o […]
O punto limpo móbil continúa a súa xira polas parroquias

Tras pasar por Parada dos Montes, Salcedo e Lamaigrexa, o Punto Limpo móbil continúa o seu percorrido polas parroquias da Pobra do Brollón para uso dos veciños e veciñas. A iniciativa ten por obxectivo facilitar a reciclaxe e o depósito seguro de residuos como parte do programa municipal ‘Menos residuos, máis vida’. Realízase co apoio da Consellería […]
O Concello reúnese con Comunidades de Montes e Asociacións Veciñais para establecer vías de colaboración

Representantes do Concello da Pobra do Brollón reuníronse coas directivas das Comunidades de Montes e Asociacións de Veciños para poñer en común as políticas culturais e turísticas para os próximos anos e buscar vías de colaboración. A reunión tivo lugar o sábado pasado na Casa da Cultura con representación de Comunidades de Montes e Asociacións […]
O punto limpo móbil comeza o seu percorrido polas parroquias

A Pobra do Brollón ten un novo punto limpo móbil que xa está en circulación polas parroquias do concello co obxectivo de facilitar a reciclaxe e o depósito seguro de residuos. A iniciativa forma parte do programa municipal ‘Menos residuos, máis vida’, e realízase co apoio da Consellería de Medio Ambiente e do Feder. O punto limpo […]
Comeza a segunda fase de ‘Coñece o teu Camiño, paso a paso’

O Concello da Pobra do Brollón organiza unha serie de rutas polo Camiño de Inverno dende Nocedo ata Santiago de Compostela. Baixo o nome de ‘Coñece o teu camiño, paso a paso’, esta iniciativa realízase a través do plan ‘O Teu Xacobeo’ da Xunta de Galicia para dinamizar de xeito participativo o Xacobeo 2021. Para […]
Unha cea para mulleres coa que celebrar o 8M

Para celebrar o Día Internacional da Muller, o Concello da Pobra do Brollón organiza unha cea na noite previa, a do sábado 7 de marzo, coa intención de crear un espazo de unión e sororidade entre mulleres. A cea proposta é no restaurante 1º de Maio, na capitalidade da Pobra, o día 7 ás 21:00 […]
Xornada informativa sobre a situación actual dos castiñeiros

O martes 3 de marzo a Casa da Cultura da Pobra do Brollón acollerá unha xornada informativa sobre a situación actual dos castiñeiros, impartida polo Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós (Ourense). Trataranse, entre outros asuntos, as pragas e enfermidades que afectan aos castiñeiros, como o chancro e a avespa. Esta actividade gratuíta está aberta a calquera persoa […]
