982 430 001

Citizen attention

Pódese previr o dano cerebral?

O sábado 11 de setembro ás 18:00 terá lugar na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ unha charla sobre prevención do dano cerebral adquirido.  Será impartida por Carla Miranda, traballadora social da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE). Esta actividade informativa centrarase na prevención dos traumatismos cranioencefálicos provocados por accidentes de tráfico, golpes, contusións e caídas.  Tamén se […]

O Punto Limpo Móbil continúa o seu percorrido polas parroquias

ACTUALIZACIÓN: Paradas en setembro Pinel: do 30 agosto ao 1 setembro Abrence: do 2 ao 5 de setembro Cereixa: do 6 ao 9 de setembro Fornelas: do 10 ao 12 de setembro O Punto Limpo Móbil continúa o seu percorrido polas parroquias para axudar aos veciños e veciñas a reciclar e separar pequenos residuos contaminantes.  A partir de luns […]

Comeza o cuarto campo de voluntariado no Castro de San Lourenzo

O equipo de arqueólogos que está a escavar o Castro de San Lourenzo en Cereixa xa conta con reforzos de 11 voluntarios, procedentes de diferentes puntos de Galicia, Andalucía e País Vasco.   Trátase do cuarto campo de voluntariado que ten lugar no castro, financiado pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello da Pobra do Brollón. […]

O Punto Limpo Móbil volve ás parroquias

O Punto Limpo Móbil retoma en agosto o seu percorrido polas parroquias para axudar aos veciños e veciñas a reciclar e separar pequenos residuos contaminantes.  A primeira parada será en Parada dos Montes, onde estará xunto á igrexa parroquial do luns 2 ata o mércores 4 de agosto.  Despois estará en Salcedo (do xoves 5 ao […]

Os vales para material escolar pódense recoller a partir do 2 de agosto

Un ano máis, o Concello da Pobra do Brollón ofrece vales para a compra de material escolar a todos os nenos e nenas matriculados no C.E.I.P A Pobra do Brollón.  A partir do luns 2 de agosto está aberto o prazo para recoller os vales para o vindeiro curso 2021-2022, presentando a carta recibida previamente por […]

Plan provincial único de cooperación cos concellos

O Concello da Pobra do Brollón participa no Plan único de cooperación cos concellos para o ano 2021, consonte ás bases aprobadas pola Deputación de Lugo. A cantidade asignada ao municipio con cargo a este plan é de 298.278,48 euros, dos cales o Concello decidiu adicar a investimentos 154.574,11 euros, e o resto aos programas […]

Déixate guiar! Visitas guiadas de verán na Pobra do Brollón

Na tempada de verán de 2021, ofrecemos na Pobra do Brollón cinco visitas guiadas diferentes: Penas do Castelo, Cova das Choias, Os Conventos, Adegas de Vilachá e Castro de San Lourenzo As visitas ofrécense dende o 15 de xullo ó 29 de agosto baixo demanda de mércores a domingo ás 11:00 (a visita a Cova das Choias, unicamente […]

Volven as ‘Andainas da man de…’

Esta fin de semana na Pobra do Brollón haberá unha nova ‘Andaina da man de…’, un programa de visitas organizadas polo Concello nas que os propios veciños fan de guías.  O ciclo de andainas comezou en 2019 con moi boa acollida pero o ano pasado viuse interrompido pola pandemia.  A actividade volve este domingo 27 de […]

Aberto o prazo de inscrición no Campamento de Verán

Abriu o prazo de inscrición para o Campamento de Verán da Pobra do Brollón. Terá lugar todo o mes de xullo, de luns a venres en horario de 11:00 a 13:30. O campamento está dirixido a nenos e nenas de tódalas idades a partir de 3 anos. Ten un custo de 10€. As inscricións fanse na Biblioteca […]