ACTUALIZACIÓN: Paradas en setembro
- Pinel: do 30 agosto ao 1 setembro
- Abrence: do 2 ao 5 de setembro
- Cereixa: do 6 ao 9 de setembro
- Fornelas: do 10 ao 12 de setembro
O Punto Limpo Móbil continúa o seu percorrido polas parroquias para axudar aos veciños e veciñas a reciclar e separar pequenos residuos contaminantes.
A partir de luns 16 estará en Barxa de Lor, onde estará ata o mércores 18.
Despois estará na Estación (do xoves 19 ao domingo 22), en Vilachá (do luns 23 ao mércores 25), e en Liñares (do 26 ao 29 de agosto). Iranse comunicando as sucesivas paradas na web e redes sociais do Concello.
Os refugallos que se poden depositar no Punto Limpo Móbil son os seguintes:
- Pilas
- Medicamentos e os seus envases
- Lámpadas e tubos fluorescentes
- Aceite de cociña usado
- Envases baleiros de pinturas e/ou vernices
- Tóners e cartuchos de impresora
- Aerosois
Pregamos que se procure manter o Punto Limpo Móbil en boas condicións para que toda a comunidade do concello poida facer uso del.





