982 430 001

Citizen attention

Comeza un curso de teatro para a mocidade a partir do 3 de abril

O luns 3 de abril comeza na Pobra do Brollón un curso de teatro para a mocidade de entre 3 e 17 anos. De carácter gratuíto, o obxectivo do curso é aproximar as e os participantes ao mundo do teatro a partir do xogo dramático.  As clases impartiranse ao longo do ano na Casa da Cultura ‘Olga […]

Coñece a Ribeira Sacra guímara esta Semana Santa

O Concello da Pobra do Brollón presenta o seu programa turístico para dar a coñecer a Ribeira Sacra guímara esta Semana Santa. Do sábado 1 ao domingo 9 de abril, ofrécense dúas visitas guiadas a elixir, que se poden combinar con dúas ‘experiencias vitivinícolas’ en diferentes puntos da parroquia de Vilachá de Salvadur. Tanto para […]

Programación para o 8 de Marzo 2023

Dende o Concello da Pobra do Brollón, anímase a todo o mundo a mobilizarse no 8M, Día Internacional da Muller, pola igualdade de xénero e os dereitos de todas as mulleres.  O mércores 8 de marzo, ás 11:45 convócase unha concentración diante da Casa do Concello para a lectura do manifesto. Deseguido, haberá un espectáculo para todos os […]

Os premios dos concursos de Entroido pódense recoller do 6 ao 17 de marzo

Os premios en metálico do concurso do desfile de Entroido e do concurso de comadres e compadres pódense recoller do 6 ao 17 de marzo (ambos incluídos) na oficina da Tesourería municipal (Casa do Concello, Avda de Galicia, A Pobra do Brollón).  Todas as persoas e colectivos que se inscribiran no concurso de comadres e […]

Obradoiro de primeiros auxilios o 23 de febreiro

O xoves 23 de febreiro terá lugar na Pobra do Brollón un obradoiro de primeiros auxilios organizado pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dependente do Sergas.  O obradoiro está dirixido a pacientes e familiares, coidadores e cidadanía en xeral. Os obxectivos son adquirir coñecementos básicos sobre primeiros auxilios.  Desenvolverase de 17:00 a 21:00 no Salón […]

A Escola municipal de Música ‘Samoeiro’ estrea novo edificio

A Escola de Música municipal ‘Samoeiro’ da Pobra do Brollón xa conta con nova sede, con tres aulas moi grandes e luminosas para desenvolver a súa actividade, e mais un almacén.  A Escola leva quince anos ofertando unha ampla variedade de clases de música e baile a nenos e adultos, veciños na súa maioría na […]

Información sobre o Proxecto Rumbo

O Proxecto Rumbo é un proxecto piloto da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), para implantar un novo modelo de apoio á autonomía persoal das persoas con dano cerebral adquirido, a través da atención sociosanitaria de proximidade. Para consultas poden contactar no email rumbo@fegadace.org ou no teléfono 881 943 148. Preme na imaxe para consulta/descargar […]