O orzamento para o Centro de Atención a Maiores da Pobra do Brollón incrementa en 756 mil euros

Hoxe aprobouse no pleno provincial unha modificación orzamentaria para ampliar en 756 mil euros o orzamento para a construción do Centro de Atención a Maiores da Pobra do Brollón, no marco do convenio asinado entre o Concello e a Deputación de Lugo. O alcalde Xosé Lois Maceda acudiu ao Pleno provincial esta mañá acompañado da […]
Comeza un curso de teatro para a mocidade a partir do 3 de abril

O luns 3 de abril comeza na Pobra do Brollón un curso de teatro para a mocidade de entre 3 e 17 anos. De carácter gratuíto, o obxectivo do curso é aproximar as e os participantes ao mundo do teatro a partir do xogo dramático. As clases impartiranse ao longo do ano na Casa da Cultura ‘Olga […]
Coñece a Ribeira Sacra guímara esta Semana Santa

O Concello da Pobra do Brollón presenta o seu programa turístico para dar a coñecer a Ribeira Sacra guímara esta Semana Santa. Do sábado 1 ao domingo 9 de abril, ofrécense dúas visitas guiadas a elixir, que se poden combinar con dúas ‘experiencias vitivinícolas’ en diferentes puntos da parroquia de Vilachá de Salvadur. Tanto para […]
A unidade móbil para a ITV de vehículos agrícolas estará na Pobra o 26 e 27 de abril

Os días 26 e 27 de abril desprazarase á Pobra do Brollón a Unidade Móbil da ITV para realizar a inspección técnica de vehículos agrícolas. A Unidade Móbil estará situada na pista que vai ao campo de fútbol no seguinte horario: de 09:00h a 13:30h e de 15:15 a 18:00h. Para solicitar cita previa no teléfono 902309000 ou a […]
Programación para o 8 de Marzo 2023

Dende o Concello da Pobra do Brollón, anímase a todo o mundo a mobilizarse no 8M, Día Internacional da Muller, pola igualdade de xénero e os dereitos de todas as mulleres. O mércores 8 de marzo, ás 11:45 convócase unha concentración diante da Casa do Concello para a lectura do manifesto. Deseguido, haberá un espectáculo para todos os […]
Renfe informa dunha afectación por obras

O cambio afecta ao tren 12608 con dirección Ponferrada.
Os premios dos concursos de Entroido pódense recoller do 6 ao 17 de marzo

Os premios en metálico do concurso do desfile de Entroido e do concurso de comadres e compadres pódense recoller do 6 ao 17 de marzo (ambos incluídos) na oficina da Tesourería municipal (Casa do Concello, Avda de Galicia, A Pobra do Brollón). Todas as persoas e colectivos que se inscribiran no concurso de comadres e […]
Obradoiro de primeiros auxilios o 23 de febreiro

O xoves 23 de febreiro terá lugar na Pobra do Brollón un obradoiro de primeiros auxilios organizado pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dependente do Sergas. O obradoiro está dirixido a pacientes e familiares, coidadores e cidadanía en xeral. Os obxectivos son adquirir coñecementos básicos sobre primeiros auxilios. Desenvolverase de 17:00 a 21:00 no Salón […]
A Escola municipal de Música ‘Samoeiro’ estrea novo edificio

A Escola de Música municipal ‘Samoeiro’ da Pobra do Brollón xa conta con nova sede, con tres aulas moi grandes e luminosas para desenvolver a súa actividade, e mais un almacén. A Escola leva quince anos ofertando unha ampla variedade de clases de música e baile a nenos e adultos, veciños na súa maioría na […]
Información sobre o Proxecto Rumbo

O Proxecto Rumbo é un proxecto piloto da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), para implantar un novo modelo de apoio á autonomía persoal das persoas con dano cerebral adquirido, a través da atención sociosanitaria de proximidade. Para consultas poden contactar no email rumbo@fegadace.org ou no teléfono 881 943 148. Preme na imaxe para consulta/descargar […]
