A cuarta edición do festival de improvisación oral Brindadeira celébrase esta fin de semana en Ferreiros

A parroquia de Ferreiros na Pobra do Brollón acolle por cuarto ano consecutivo o festival Brindadeira. Cine, música, xogos, un taller de brindo e mesmo un concurso de tortillas, protagonizan a programación este sábado 18 e domingo 19 de xullo. Brindadeira xurdiu dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar a tradición do brindo, un xénero […]
Todo preparado para a undécima edición da Feira Guímara este sábado 11

A Feira arranca ao mediodía co pregón de Manuel Leiras e a representación da revolta guímara A programación continuará ata a noite con música, xogos populares, narración oral e moita artesanía A Feira Guímara conmemora por undécimo ano a revolta dos habitantes da Pobra do Brollón contra as inxustizas do Conde de Lemos en tempos […]
Unha nova edición do Ciclo Mestre Mateo arranca na Pobra do Brollón o 8 de xullo

Volve un ano máis o Ciclo Mestre Mateo á Pobra do Brollón, con 8 longametraxes e 2 sesións de curtametraxes, todas ganadoras ou nominadas na última edición dos Premios Mestre Mateo. A primeira proxección será o vindeiro mércores 8 de xullo ás 20:30 no local social de Pino con Deuses de pedra, longa documental dirixida por […]
O sábado 11 de xullo celébrase a 11ª edición da Feira Guímara

O sábado 11 de xullo celébrase a XI Feira Guímara, unha xornada festiva para conmemorar a revolta do pobo da Pobra do Brollón contra as inxustizas do Conde de Lemos en tempos medievais. Programa 11:30 Pregón a cargo do historiador Manuel Leiras Camino 12:00 A Revolta Guímara representada pola rapazada 12:30 Concerto: The tetas’ van 17:00 […]
A Escola de música Samoeiro celebra o seu fin de curso este domingo 21

A Escola municipal de Música Samoeiro celebra o seu festival fin de curso este domingo 21 de xuño. Será ás 18:00 na área recreativa Samugueiros, na Pobra do Brollón. Actuará a Coral Polifónica Samoeiro, o grupo de baile tradicional, o alumnado de pandeireta, percusión e gaita, e mais os pequenos e pequenas de música e […]
Abre o prazo para participar no segundo concurso de carteis da Feira Guímara

O Concello da Pobra do Brollón convoca o segundo concurso de carteis da Feira Guímara co gaio de seleccionar o cartel anunciador da XI Feira Guímara. O concurso pretende estimular a creatividade das persoas participantes sendo o cartel unha peza moi visible en todas as accións de comunicación que se realicen para esta nova edición […]
Celebramos as Letras Galegas e a Begoña Caamaño co novo espectáculo de narración oral de Vero Rilo

Este sábado 16, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ acollerá As Mil e Unha, o novo espectáculo de narración oral de Vero Rilo xunto co músico Luis Iglesias. O espectáculo busca achegar ao público familiar o universo literario da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026, Begoña Caamaño. Preséntase como un programa de radio en directo […]
O 17 de maio terá lugar o acto de descubrimento da placa homenaxe aos Cómicos de Salcedo

O Día das Letras Galegas, domingo 17 de maio, na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, haberá un acto para descubrir a nova placa do salón de actos, que recibe o nome de ‘Os Cómicos de Salcedo’. A proposta do novo nomeamento do salón de actos, presentada polo grupo de goberno da Pobra do Brollón no […]
XXXIII Feira do Viño de Vilachá: Cata con Juanjo Figueroa

Juanjo Figueroa, presidente da Asociación de Sumilleres de Galicia, volve á Feira do Viño de Vilachá para guiar a cata do sábado. Na cata proposta, ‘As nosas ribeiras’, degustaranse 6 viños que expresan, cada un ao seu xeito, a paisaxe de Vilachá a través da súa uva e o saber vitivinícola dos adegueiros e adegueiras. […]
Certame de narración e debuxo infantil das Letras Galegas 2026

A Biblioteca pública municipal ‘Antonio Reboiro’ do Concello da Pobra do Brollón convoca o Certame de narración e debuxo infantil que se celebra con motivo do Día das Letras Galegas. Establécense tres categorías: ata 8 anos; de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos. O prazo de presentación dos traballos remata o […]
