Continúa o ciclo ‘Cos Pés na Terraza’ coa banda compostelá Hainas

O ciclo ‘Cos Pés na Terraza’ é un programa de concertos de verán nas terrazas dos bares e restaurantes organizado polo Concello da Pobra do Brollón. Este venres 2 de setembro, continúa o ciclo con Hainas. Será ás 20:30 na terraza do restaurante O Fogón, en Cereixa. Despois do concerto seguirá a música con sesión […]
Concerto de Caldo e máis cultura esta fin de semana

Esta fin de semana volve cargada de actividade en terras guímaras con diversos eventos, tras a suspensión provocada polos lumes. O venres pasado estaba previsto un concerto do trío Caldo que tivo que ser adiado debido ao incendio forestal. Finalmente, terá lugar este venres 29 a partir das 20:30 no Bar-Restaurante A Mesa dos Catro Cabaleiros, […]
Programa da VII Feira Guímara

Os actores Melania Cruz e Xúlio Abonjo serán os pregoeiros desta edición O programa inclúe concertos con Alba María e Queco Díaz, Comando Curuxás e Xerezade Entre as novidades, hai concursos de caracterizacións e estandartes A Feira Guímara celebra a súa sétima edición o sábado 16 de xullo. Vén cun programa cargado de actividades dende a […]
O FanCine de Lemos chega a Vilachá

A Pobra do Brollón, e concretamente o conxunto de adegas de Vilachá, será escenario por primeira vez do FanCine de Lemos, festival de cine fantástico da Terra de Lemos. Este venres 8 de xullo acollemos unha tarde-noite arredor de videoxogos e cine fantástico, onde non van faltar o viño e a troula (como non!). Ademais […]
A VII Feira Guímara celebrarase o sábado 16 de xullo

A VII edición da Feira Guímara celebrarase na Pobra do Brollón o sábado 16 de xullo. Cal é o concepto? As revoltas guímaras, María Castaña, os episodios da represión e guerrilla, tradicións como o Oso de Salcedo… Son feitos que falan de nós como un pobo afouto que aínda hoxe se resiste a ser nun […]
Volven as foliadas guímaras polas parroquias co ‘Foligrelo de Fornelas’

As foliadas organizadas polo Concello da Pobra do Brollón volven a xirar polas parroquias guímaras. Este sábado 4 de xuño tócalle á parroquia de Fornelas, en colaboración coa Asociación Veciñal A Fonte da Freita. No evento, bautizado polos organizadores como Foligrelo de Fornelas, ofrecerase caldo cortesía da Asociación Veciñal. Ademais haberá barra e cuncas á […]
O Festival das Letras Galegas celébrase este sábado 21

O Festival das Letras Galegas celébrase este sábado 21 a partir das 18:00 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, na Pobra do Brollón. No festival actuará alumnado da Escola municipal de Música Samoeiro, seguido do espectáculo ‘Hocus Pocus’ de Mago Paco. Aproveitarase a ocasión para facer entrega dos premios do Certame das Letras Galegas así […]
A Feira do Viño de Vilachá desvela a súa programación musical

O Concello da Pobra do Brollón dá a coñecer os grupos participantes na 29 Feira do Viño de Vilachá, que se celebra o sábado 7 e domingo 8 de maio no conxunto histórico de adegas da Abelaira. O prato forte musical desta edición será a actuación do grupo Brassica Rapa, primeira fanfarria 100% feminina galega que encherá […]
Coñece o proxecto cultural de A Libraría de Proencia

O Concello da Pobra do Brollón continúa programando charlas para dar a coñecer propostas interesantes de arraigamento no rural, especialmente da Ribeira Sacra ou da contorna. Este xoves estará Paula Vázquez para contar o seu proxecto de A Libraría de Proencia, localizado na parroquia de Proendos, concello de Sober. Ademais, na actividade degustarase un doce […]
Comeza este sábado o Ciclo Mestre Mateo con ‘O gran camiño’

Este sábado 26 arranca o Ciclo Mestre Mateo co filme O gran camiño, un documental que percorre as grandes rutas a pé do mundo. A proxección será ás 20:00 na Casa da Cultura da Pobra do Brollón. Será seguida de foliada con barra e pinchos, en colaboración coa Escola municipal de Música Samoeiro. O Ciclo Mestre […]
