Proxectamos ‘Tres’, Mellor longametraxe nos XX Mestre Mateo

A película Tres (Juanjo Giménez), Mellor longametraxe nos XX Mestre Mateo, é a que poderemos ver en novembro dentro do Ciclo Mestre Mateo. Será este sábado 26 de novembro ás 20:15 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. Tres relata a inquietante historia de C., unha deseñadora de son que pasa horas no seu estudo onde posterga as avariadas […]
A compañía de teatro Os Trocos trae á Pobra do Brollón a súa comedia ‘A Croa dos Chairos’

A compañía Os Trocos leva á Pobra do Brollón dende Castro de Rei a obra A Croa dos Chairos. Será este sábado 19 de novembro ás 20:15 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. Trátase dunha comedia sobre a historia do pobo Chairo que habita na Croa de Viladonga. Segundo relata a sinopse da obra, é o ano 347 […]
O sábado 29 de outubro proxéctase ‘Malencolía’ coa presenza de membros do equipo do filme

Continúa o Ciclo Mestre Mateo cunha proxección especial. O último sábado de outubro poderemos ver Malencolía coa gran sorte de contar coa presenza de membros do equipo do filme. A longa Malencolía, dirixida por Alfonso Zarauza, narra a historia dunha parella (interpretada por Melania Cruz e Xúlio Abonjo ) que decide mudarse de Berlín a […]
O novo curso da Escola de Música Samoeiro comeza este xoves 13

Este xoves día 13 de outubro arranca o novo curso 2022-23 da Escola de Música municipal Samoeiro, coa excepción das clases de baile e pandeireta, que comezan o sábado 22 de outubro. Publicamos abaixo os horarios das materias. Estes horarios poden ser axustados polos profesores de mutuo acordo cos alumnos unha vez que comecen as clases. Para […]
Proxección de ‘ELAS’ este xoves 29 na Casa da Cultura

Hoxe xoves 29 proxectamos a serie de micro-documentais ELAS, coa presenza da súa realizadora, Lily Baker Föhring. ELAS é unha viaxe no tempo polas terras do concello veciño Pantón da man das nosas predecesoras. Con esta peza, Lily Baker busca recuperar as historias personais e a experiencia das mulleres do rural. Podes vela ás 20:15 na Casa da Cultura ‘Olga […]
Chega unha fin de semana de música e cine

Esta fin de semana A Pobra do Brollón acolle dúas citas culturais. O venres chega á súa fin o ciclo municipal de concertos de verán ‘Cos Pés na Terraza’ co músico de blues Néstor Pardo. A segunda cita é o domingo, xa que volve o Ciclo Mestre Mateo coa proxección da película Cuñados. Ambos eventos son de […]
A oitava edición de As Cores do Outono celebrarase o 24 e 25 de setembro

A cita organizada polo Concello da Pobra do Brollón celebra dende hai xa oito anos o inicio da estación outonal con propostas ligadas ás músicas de raíz galegas e unha programación totalmente de balde. Este ano, o cartel está encabezado por tres formacións totalmente femininas: o dúo Caamaño&Ameixeiras – Premio Martín Códax da Música 2021 na categoría […]
Comeza a segunda escavación no xacemento de Penas do Castelo en Salcedo

A campaña está financiada pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón, Asociación Veciñal e Comunidade de Montes de Salcedo O obxectivo da campaña é tratar de saber máis sobre a funcionalidade do xacemento Xa está en marcha a segunda escavación en Penas do Castelo, Salcedo, A Pobra do […]
O novo curso da Escola de Música abriu o prazo de matrícula

Abriu o prazo de matrícula para o curso 2022-23 da Escola de Música municipal Samoeiro. Estará aberto dende hoxe ata o 30 de setembro. En tódalas materias excepto coro, pódense facer grupos para adultos e nenos. Ademais, ofrécese unha materia específica de iniciación musical para nenos de 5 a 12 anos. A maiores destas materias, […]
En setembro tamén é verán na Guimaralia!

O venres 2 de setembro ás 20:30, a banda compostelán Hainas tocará temas de soul, funky, swing e r&b na parrillada O Fogón en Cereixa. O seguinte venres 9 de setembro, tamén ás 20:30, estarán na Praza da Peza da Pobra do Brollón o grupo Carta de ajuste. Ofrecerán versións de grandes temas do pop-rock […]
