Materias e recursos gratuítos para reducir o impacto psicolóxico do confinamento

A situación do confinamento polo coronavirus ten impacto nas nosas vidas porque supón un cambio drástico de rutinas, unha incerteza e unha modificación das pautas relacionais que tiñamos ata hai pouco tempo. Queremos facilitar aos veciños e veciñas os recursos elaborados polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) – tanto para a poboación xeral como […]
Actualización sobre a situación na Pobra do Brollón respecto á emerxencia sanitaria do coronavirus

Hoxe compareceu o noso alcalde Xosé Lois Maceda tras recibir a noticia do primeiro caso positivo de coronavirus no concello, segundo información recibida dende os propios familiares da persoa afectada. Comunicamos esta nova situación co fin de asegurar a transparencia informativa e reiterar a necesidade de que todos e todas sigamos aplicando as debidas precaucións […]
Como nos afecta a paralización da actividade económica non esencial decretada polo Goberno estatal

O Goberno de España vén de publicar no BOE (Boletín Oficial do Estado) o Real Decreto-Lei que regula a paralización de toda actividade laboral presencial “non esencial”. Podes consultar o texto completo aquí (PDF). parque- As medidas xa están implantadas ata o 9 de abril co obxectivo de que as persoas se queden en casa […]
Como nos afectan as restricións á actividade agrogandeira durante a emerxencia sanitaria

A Xunta de Galicia publicou onte no DOG (Diario Oficial de Galicia) unha orde da Consellería do Medio Rural pola que adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co Covid-19. O texto completo pódelo consultar nesta ligazón. Aquí resumimos estas medidas, que poden afectar a vida dos nosos veciños e veciñas. Desprazamentos aos cultivos e viñedos […]
Servizos Sociais establece un novo horario de atención ao público

Debido á situación de emerxencia sanitaria causada polo coronavirus, e seguindo as indicacións respecto ao confinamento en casa, as traballadores de Servizos Sociais estableceron novas quendas de traballo na oficina. Recordamos que o horario de atención ao público é de 9:00 a 14:00, e debe realizarse só nos casos máis urxentes. Para o resto de […]
Actívase o servizo de entrega a domicilio de produtos de primeira necesidade

O Concello da Pobra do Brollón pon en marcha un servizo de entrega a domicilio de produtos de primeira necesidade – alimentos e medicamentos – para evitar que as persoas más vulnerables saian das súas casas. O servizo é gratuíto e prolongarase mentres dure a situación de emerxencia sanitaria causada polo coronavirus. Vai dirixido principalmente […]
O Concello da Pobra do Brollón reúnese con servizos sociais e anuncia novas medidas para afrontar o coronavirus

O goberno da Pobra do Brollón reuniuse onte luns con traballadores de Servizos Sociais e da administración municipais e cun representante sindical pola CIG para establecer novas medidas coas que afrontar a crise sanitaria xerada por mor do coronavirus. Debido á situación de emerxencia sanitaria, suspéndese a maioría da actividade do Concello. A meirande parte […]
A Xunta concreta e amplía as medidas de prevención para conter o contaxio do coronavirus

O domingo publicáronse novas medidas para conter o contaxio do coronavirus covid-19 e que xa están en vigor. Podes consultar o texto completo no DOG. Aquí resumimos as medidas que máis poden afectar á nosa veciñanza. Estas medidas súmanse ás publicadas o venres trala declaración da situación de emerxencia sanitaria en Galicia e as medidas resultantes […]
Ideas de cultura para a corentena

Debido á situación sanitaria actual estamos todos e todas chamados a limitar a nosa vida fóra da casa, co obxectivo de frear a curva de contaxio do coronavirus. Para que estes días sexan máis doados de levar, o técnico de cultura do Concello Xosé Gago propón unha serie de recursos gratuítos e dispoñibles na rede […]
Como nos atinxe o estado de alarma decretado polo Goberno central

O Goberno de España decretou este sábado o estado de alarma por un período de 15 días para facer fronte á expansión do coronavirus COVID-19. Aquí facemos un resumo do contido do decreto. Podes consultar o texto enteiro publicado no BOE. O Goberno central asume o mando único de todo o territorio español. O cumprimento […]
