982 430 001

Atención cidadá

Como nos afecta a entrada á fase 1 da desescalada

A partir de hoxe luns 11, o Goberno central flexibiliza as medidas para a contención do coronavirus. Galicia entra así na fase 1 do “plan de transición cara a unha nova normalidade”, que durará ao menos 14 días.  Non poderán facer uso das medidas as persoas contaxiadas por COVID-19, que presenten síntomas ou que estean en illamento por ter […]

Entramos na ‘fase cero’ da transición cara á ‘nova normalidade’

A Comunidade Autónoma de Galicia, así como o resto do Estado (agás Baleares a algunhas illas Canarias), entramos a partir de hoxe luns na fase 0 do plan de desconfinamento publicado polo goberno central a semana pasada. Ademais das actuais medidas de distanciamento social fronte ao COVID-19, esta fase cero implica algúns cambios na nosa […]

Unha caravana para homenaxear a tódalas persoas que loitan contra o coronavirus

No mediodía do mércores tivo lugar na Pobra do Brollón un acto organizado polo Concello para homenaxear aos corpos de seguridade, profesionais sanitarios e aos veciños e veciñas pola loita colectiva fronte ao coronavirus. Representantes do Concello, a Garda Civil, axentes medioambientais e bombeiros percorreron o centro da capitalidade da Pobra do Brollón ata o Centro […]

Comparece o alcalde para informar das medidas municipais fronte ao COVID-19

Nun vídeo publicado hoxe nas redes sociais do Concello da Pobra do Brollón, o noso alcalde Xosé Lois Maceda comparece para poñernos ao día da situación actual do concello con respecto ao coronavirus e informar das medidas que se están a tomar. O reparto de máscaras entre a poboación centra gran parte do vídeo. O […]

A partir do domingo 26 os menores de 14 anos poderán saír para pasear

Hoxe publicouse no BOE a orde que regula os desprazamentos da poboación infantil. A partir de mañá domingo 26, os menores de 14 anos poderán saír para dar paseos, acompañados dun adulto, durante unha hora ao día (entre as 9:00 da mañá e as 21:00).  No texto do BOE tamén se recolle a prórroga do […]

O Concello dispón de máscaras para persoas con maior exposición

O Concello da Pobra do Brollón dispón de máscaras para as persoas que formen parte de grupos con maior risco de contaxio, ben sexa por traballo ou por outro motivo.  Ofrécense de xeito gratuíto para persoal sanitario e persoas que traballen cara ao público, como tendeiros, taxistas, transportistas, profesionais que ofrezan servizos a domicilio, etc. Tamén poranse a […]

Recomendacións do Ministerio de Sanidade para as persoas que regresan ao traballo

A partir de hoxe luns 13 de abril, aínda que a maioría das ocupacións continúan paralizadas, retómanse no Estado as actividades da industria e da construción (excluídas as obras en edificios habitados), e algúns traballos máis como as empregadas do fogar e oficinas como despachos de avogados.  En caso de ser posible, o teletraballo sempre […]

O Club de Cazadores doa material sanitario para combater o coronavirus

A Sociedade Deportiva Club de Cazadores Pobra do Brollón doou 775 máscaras, 200 batas e 12 litros de xel desinfectante para axudar na loita contra o coronavirus. Fixeron chegar o material estes días ao Ambulatorio e os Servizos Sociais da Pobra do Brollón, así como ao Hospital de Monforte. Dende o Concello queremos expresar o […]